24 de marzo de 2015

DIVERTIMENTO - Especial Marchas Dignidade 21M-2015

Alunhas das persoas participantes no especial Marchas Dignidade - 21M 

Edición do venres 20 de marzo de 2015 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros,

Especial MARCHAS DA DIGNIDADE, 21-M. Horas antes de que as columnas de Ferrolterra partisen para sumarse ao resto de columnas galegas na mobilización do sábado 21 de marzo de 2015 en Madrid, conversaremos na Rádio Filispim, 93.9 FM, con algunha das persoas que integran as Marchas na nosa comarca.

Coma integrantes das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, estiveron no estudo: Rubén Dopico, André Martínez, Maximino Pardo, Alberto Espiñeira, Inacio Martínez e Elvira Marta.

Apresentaron e conduciron: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.
Produzón deste especial: André Martínez i equipa de Divertimento.

18 de marzo de 2015

Divertimento - Especial "Igualdade e empoderamento. Accións e propostas". Tres proxectos feministas no pais galego - 18/03/2015

Un instante da presentación dos proxectos (foto: Lupe Ces)

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros, do venres 13 de marzo de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre de Ferrol.

Programa especial dende o Ateneo Ferrolan. Emisión en diferido do acto celebrado o 11 de marzo de 2015, baixo o título "Igualdade e Empoderamento. Accións e propostas". Unha interesante mesa redonda organizada polo Ateneo, onde se expuxeron tres proxectos feministas do noso país:
A mesa estivo apresentada por Paula Meizoso.

Apresentación do programa, toma e edición de: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM de Ferrol e Rádio Kalimera de Compostela.

1 de marzo de 2015

DIVERTIMENTO - Especial RUBÉN ARTABE, proxecto "Cataratas" + presentación "Canciones de Pan" - 01/03/2015

Ana Lucecú & Rubén Artabe, en Divertimento (Rádio Filispim)

Venres 27 de febreiro entre as 18:00 e 20:00 h, aconteceu unha nova edición de DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS, o programa máis surreal da Rádio Filispim, 93.9 FM.

Especial CATARATAS de Rubén Artabe.
  • Na primeira hora do programa, entrevista ao autor ferrolán, quen nos apresentou o seu novo proxecto: Cataratas, coa interpretación dalgunha das novas pezas en directo no estudio. Conversamos longo e tendido ... do presente, pasado e futuro "rubeniano", do Woodstock galego que se celebra en Teo e da gravidade de Río Records no Inferno. Ademáis, Rubén, oubeou durante o programa varias veces e finalmente acordamos abrir un evento no face: unha quedada na traseira do Mercado de Caranza para chapotear nos charcos e enfangarnos completamente espid@s, apostado por un Woodstock caranzeiro.
  • Na segunda hora, como a situación era realmente insostíbel, decidimos marcharnos na metade do programa, e deixar, ao que ficaba da audiencia, coa gravación íntegra en exclusiva mundial, do concerto que RUBÉN ARTABE, acompañado de Andrea Gómez Navarrete (acordeón e bombo legüero) e Soraya García (frauta e piano), deu no Ateneo Ferrolan o pasado 28 de xuño de 2014, apresentando o seu primeiro álbum, Canciones de Pan.
Conduciron e apresentaron completamente afectados: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Grazas a Rubén Artabe polo seu sentido do humor, neste programa certamente surrealista.
Emisión: Radio Filispim 93.9FM & Rádio Kalimera, 107.9FM

16 de febreiro de 2015

Divertimento - Pablo Portero & Kozmic Blues - Roger de Flor & William Blake - 13/02/2015

Pablo Portero, Kozmic Blues & Roger de Flor.

Divertimento para pequenos monstros. Edición do venres 13 de febreiro de 2015, na Rádio Filispim Colectivo Opaii!, 93.9 FM, o programa máis subterráneo da Rádio FilispiM, libre e comunitaria.

Neste programa:
  • PABLO PORTERO apresenta AMAR1, a primeira das 17 pezas do seu novo proxecto audiovisual, AMAR. Ademáis falounos doutros doutras iniciativas, da súa relación co mundo da música e, especialmente, co dúo KOZMIC BLUES, que estiveron no estudio e nos interpretaron varias pezas en rigoroso directo. 
  • ROGER DE FLOR apresenta o súa nova peza e videoclip, "Ferrol Vello". Ademáis falounos da súa recente viaxe pola Europa e interpretounos en exclusiva mundial, algunha das novas pezas que vén de compoñer inspiradas nos versos de William Blake. 
  • AXENDA DIVERTIMENTO. O vagalume da noite ferrolá, Ana Lucecú, selecciona as citas que non debes perder nos vindeiros días. 
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Terra de Trasancos) & Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela)
e vía streaming para toda a galaxia en: http://opaii.blogspot.com

5 de febreiro de 2015

Este sábado 7 de febreiro ás 7 do serán no Ateneo, "FilispiM vai cumprir 10 anos".


Este sábado 7 de febreiro de 2015 a partir das 7 do serán, o Colectivo Opaii! volve ao Ateneo Ferrolán, cunha nova edición do ciclo "FilispiM vai ...", nesta ocasión adicado ao aniversario da principal actividade do Colectivo Opaii!, a Rádio FilispiM.

"FilispiM vai... cumprir 10 anos".

Durante a gravación do programa de radio lembraranse os alicerces do proxecto, falarase do presente e do futuro. Ademaís, haberá música ao vivo da man da banda ferrolá Weather Underground (pop/rock) e o dúo Indio & Lidia Pinheiro (sons brasileiros).

No transcorrer da festa de aniversario, apresentaranse as novas camisolas e chapas, conmemorativas do 10 aniversario, realizadas para a ocasión en unidades limitadas. A entrada é de balde.

Programa de actos conmemorativo do 10º aniversario das emisión da Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Durante este 2015, levaranse a cabo outros actos conmemorativos, coma un Ciclo de Cinema adicado as radios libres e comunitarias; retomarase o festival Conspirando por Unha Radio Libre (en xoves "santo"), unha Exposición dos 10 anos da FilispiM e, mesmo, unhas Xornadas de Medios Libres. A práctica totalidade deste actos celebraranse no Ateneo Ferrolán, pola súa complicidade e vinculación fundacional co proxecto da activación da primeira radio libre e comunitaria (terceiro sector) da Terra de Trasancos.

Seguiremos informando... Ficades tod@s convidad@s.
(nota achegada polo Colectivo Opaii!!)
(Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/367768726681325/?pnref=story)

25 de xaneiro de 2015

Divertimento - Queremos Galego_Semente Trasancos_Lingua galega, a debate 3/01/2015

Carlos Outeiro, Mané "Sacha na Horta",  Rosa Grillé e Ana Fernández.

Venres 23 de xaneiro de 2015, dúas horas de DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS (Rádio FilispiM, 93.9 FM). Menú especial: "LINGUA GALEGA".
Contidos:
  • Proxecto escola ensino en galego, SEMENTE TRASANCOS. Festival "Músicas para a Semente". Domingo de 25 de xaneiro de 2015, Auditorio de Narón. No estudio, Rosa Grillé. Vía teléfono, Marcos Abalde. 
  • Manifestación QUEREMOS GALEGO. Na defensa da lingua propia do país, domingo 8 de febreiro de 2015, Compostela. No estudio, Carlos Outeiro. 
  • COLOQUIO-DEBATE sobre a situación da nosa lingua, coa presenza no estudio de: 
              - Carlos Outeiro (Queremos Galego).
              - Rosa Grillé (Semente Trasancos e mestra do CPI de Pazos).
              - Mané (da banda galega Sacha na Horta).
              - Ana Fernández (integrante da Fundaçom Artábria).

No transcorrer do coloquio-debate ouviimos voces rexistradas nunha enquisa a persoas universitárias de Ferrol, sobre o uso do galego.



Conducen: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.
Producción: Ana Lucecú, Pequeno Monstro, Ana Fernández.
Emisión en Ferrolterra: Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre e comunitária da Terra de Trasancos (Ferrol).
En Compostela: Rádio Kalimera, 107.9 FM, libre.

29 de decembro de 2014

Divertimento para pequenos monstros. Especial fin de ano - 26/12/2014

Unha instánea do especial fin 2014

Edición especial fin de ano, 2014, de Divertimento para pequeno monstros.

Cadrando cos últimos días do ano 2014, contamos coa visita no estudio filispiniano de compañeir@s da Rádio FilispiM e do Colectivo Opaii!!. En conversa informal, pinchamos música, fixemos balanzo deste ano filispiniano que xa remata, adiantamos algúns dos actos que terán lugar no 2015, ano no que Rádio FilispiM, cumprirá 10 anos de emisións ininterrompidas. Como non podía ser menos, brindamos con cava polo novo ano e tomamos uns dóces.

No estudio estiveron: Fran (Sonido Emergente), Juanillo (Trash-Rock), Pepe Cunha (Ábretedeorellas), Javi Malespina (Sons Revela2), Espe Vázquez (Sons Revela2), Ana Lucecú (Divertimento), Pequeno Monstro (Divertimento). Por teléfono: Xurxo Gago (Entrelazados), Xosé Luis Díaz (Radio Kaos).

Agradecementos especiais a Pepe Cunha (Ábretedeorellas) pola exclusiva mundial dunha das pezas rexistradas durante o concerto que Germán Coppini (de cuxo pasamento cúmprese un ano) deu no Teatro Jofre de Ferrol, xunto a "Comando Delta", xurdido de O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galiza) o 18/04/2009, e que vén de ser editado esta semana en CD, baixo o título de Semper Audax.

A equipa de Divertimento para pequenos monstros, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, desexamos a todas as persoas ben nacidas, unhas boas festas e un próspero ano novo. Saúde, e a polo 2015, ano filispiniano!



Conduce e apresenta: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9FM (Compostela).
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...