19 de maio de 2016

Audio rolda prensa Toma la Calle Ferrol (Ferrol, 16/05/2011).

Imaxe da rolda de prensa (Pequeno Monstro)

Audio da rolda de prensa do colectivo "Toma la Calle Ferrol" celebrada o 16/05/2011, condeando o acontecido o día anterior (15M 2011) na Plaça de Catalunya en Barcelona, falando da concentración cacerolada prevista para o día seguinte e xustificando o movimento que viña de xudir, 15M, en todo o Estado. Na rolda de prensa estaban presentes: Luis, Oscar, Martinha, Jota e xxx. Ao fondo da imaxe pode verse a Acampada Ferrol.

Toma de son: Pequeno Monstro (Rádio FilispiM).

Arquivo do Pequeno Monstro.

In Memoriam Diego Barcia (Discontinuidade, marzo 2008. Rádio FilispiM).

Javi Malespina e Diego Barcia (Ateneo, maio 2009)

Corte de apenas minuto e medio de duración tirado do programa de Rádio FilispiM "Discontinuidade", realizado por Javi Malespina e Diego Barcia, onde Diego fala dos "chorizos" que está pensando preparar para contribuir ao V Conspirando por unha radio libre, celebrado en marzo de 2008 na Praza do Inferniño de Ferrol. En homenaxe ao noso compañeiro Diego Barcia.

En homenaxe ao noso compañeiro Diego Barcia. Documento tirado do arquivo sonoro do Pequeno Monstro (Rádio FilispiM).


13 de maio de 2016

Divertimento - Especial 5º aniversario 15M - Ferrol.

 Maio 2011, Ferrol (Fonte: Luis Fernández)

Na edición do 20 de maio de 2011 de Divertimento para pequenos monstros (Rádio FilispiM), realizamos a primeira das numerosas coberturas verbo da incidencia na nosa comarca do, daquela, nacente Movimento 15M. Hoxe, cadrando do quinto aniversario do 15M, recuperamos ese programa e o completamos con outros rexistros sonoros tomados directamente na Praza do Concello de Ferrol, testemuña de asembleas, acampadas e actividades promovidas polos colectivos xurdidos daquela, coma "Toma la Calle Ferrol" ou, mesmo, "Acampada Ferrol."

Este programa especial está plantexado a modo de collage sonoro, co obxecto de que a ovinte se faga unha composición do acontecido naquel Maio de 2011, no Estado, País galego e, como non, Ferrol.

As reportaxes foron rexistradas polo Pequeno Monstro para o programa Divertimento, na Praza do Concello de Ferrol os días, 19, 20 e 28 de maio de 2011. Algúns destes rexistros son inéditos, non se difundiron até agora, polo que cobran especial relevancia. A actual coxuntura política, onde formacións nadas daquel 15M gobernan xa algunhas Institucións,  mesmo teñen opcións de gobernar o Estado, lle dan a este documento un plus de importancia, canto a analisar como, cando e por que comezou todo.

A cronoloxía dos rexistro sonoros (según aparecen no programa) é a seguinte:
  • Xoves 19/05/2011. Conexión telefónica coa Praza do Concello de Ferrol. Iago Montes fai de correspondente. Damos voz a un dos integrantes de "Ferrol Toma la Calle", colectivo convocante da concentración que está a ter lugar (min. 00:18).
  • xx/05/2011. Audio do programa "En días como hoy" (Radio1 - RNE). Chamada de Cristina, unha ouvinte indignada co que está a ouvir na tertulia radiofónica do ente público (min. 00:33).
  • Domingo 15/05/2011. Audio rexistrado por Divertimento na manifestación do 15M de Sevilla (min. 00:40).
  • Venres 20/05/2011. Audio rexistrado por Divertimento na Asemblea aberta daquela tarde, organizada por "Ferrol Toma la Calle" (min. 00:49).
  • Sábado 28/05/2011. Entrevistas realizadas por Divertimento a persoas da "Acampada Ferrol", na Praza do Concello: grupos de traballo, coordenadoras, persoas colaboradoras, moz@s que chegaban a acampar (min. 01:06).
  • Sábado 28/05/2011, na noite. Rexistro de Divertimento do concerto do grupo folk Muxarega de As Pontes, dentro das actividades organizadas por "Acampada Ferrol" (min. 01:41).
Selección musical:
- Bigott. Gravación realizada por Divertimento no Womad de Cáceres de 2011.
- Selección de hip-hop instrumental do selo Tú Pierdes (Yo Gano-Superego). Temas de Hyppaly, etc.
- Steve Reich.
- Andrew Poppy (...)

Condución, montaxe e edición de audio: Pequeno Monstro (13/05/2016)


Video: Reportaxe 15M en Ferrol (fonte: chupicola)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...