23 de março de 2016

A historia do Conspirando por unha radio libre, da I á VI edición - Divertimento (26/03/2009, Rádio FilispiM)

Imaxe do VI Conspirando, 9/4/2009. Praza Inferniño, Ferrol
(26/03/09 - resubida) A piques de celebrar a VIII edición do Conspirando (xoves 24/03/2016), recuperamos esta gravación de Divertimento para pequenos monstros dende o estudo "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán, na que faciamos un repaso das edicións do festival Conspirando por unha radio libre que se realizaran dende o ano 2004 até o 2009, ou o que é o mesmo: dende a primeira até a sexta edición.

A historia do Conspirando por unha Radio Libre.VICONSPIRANDO_09-04-2009055

Na última edición de Divertimento, co gallo da inminencia da particular penitencia ferrolá, fazemos un resumo a vista de paxaro de todas e cada unha das edicións do Conspirando por unha radio libre, lembrando os grupos que participaron, o lugar onde se celebraron e as datas.

O vindeiro xoves (insano) 9 de abril de 2009 volvemos conspirar, nun festival que cada ano medra en interés e alternativa na semana onde puidera parecer que tod@s os ferrolás comungan con rodas de múiño. Mais non. Este ano, ademáis da II edición da Feira de Colectivos, haberá chourizada e remataremos de conspirar coas actuacións de tres grupazos: Sacha na Horta (Compostela), Roger de Flor (Fene) e Retobato (Ferrol).

A idea do Conspirando nace da necesidade de darlle publicidade á creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol (Trasancos) e conquerir cartos para a merca dos equipamentos técnicos, sen axudas externas que condicionaran a nosa independencia coma medio (nen cartos das institucións, nen cartos de empresas). Coa entrada ao Conspirando de 3€ púñase a venda diverso material editado polo colectivo: camisolas, chapas, autocolantes, cedés compilatorios de grupos locais... Xa no 2008 o festival crece en organización e infraestrutura é pasa a ser de balde e ao ar libre, baixo unha inmensa carpa na Praza do Inferniño de Ferrol  (o Inferno).

Unha anédota do festival é que entre as propostas para darlle nome estivo "Contaminando por unha radio libre", mais a asemblea decidiuse pola variante "Conspirando", xa que cadraba mellor canto as nosas intencións, "conspirar". Outra das anédotas, a segunda edición estivo a piques de celebrarse fóra de xoves "insano". Así, prevista para o 25 de xuño de 2004 (logo do éxito da primeira edición) dias antes do festival cando xa estaba todo preparado, @s integrantes do Colectivo Opaii! se atopan cunha chea de cartazes de cor fosforita pegados por todo Ferrol que anuncian unha "festa universitaria" o mesmo día, hora e no mesmo sitio que tiñan previsto para o II Conspirando, a West Saloon. Logo dun mosqueo monumental cos (i)rresponsábeis da sá da Estación de Ferrocarril de Ferrol, tiveron que pospoñer o evento. Aquela noite ficou alcumada para a historia filispiniana como "A noite dos cartazes fosforitos". Finalmente, a segunda edición se celebraría na Fundaçom Artábria.

Esta é a cronoloxía do Conspirando, dende a súa creación no 2004, cando a Rádio FilispiM tan só emitía nos nosos maxíns, até o ano no que se realiza este especial Divertimento, 2009:


Cronoloxía do Conspirando por unha radio libre do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM

8 de abril de 2004: I Conspirando por unha radio libre – Estación Ferrocarril (Ferrol). Músicos: Miguel Alonso, Window Pane, Funky Brewster, Loom, Oscar Fernandez Sanjurjo, IV Guerra Mundial.

26 de marzo de 2005: II Conspirando por unha radio libre – Fundaçom Artábria (Esteiro-Ferrol). Músicos: Vladi, Misquious, Kobe.

13 de abril de 2006: III Conspirando por unha radio libre – Local Social de San Carlos (Esteiro-Ferrol), Músicos: Strutter, IV Guerra Mundial, Sociedade Protectora del Hombre Mono (Cristobal Veiga + Rogelio Arias) coa colaboración de Boy Elliot, Os tres Trebóns e o Vendaval do Roxal (A Corunha).

5 de abril de 2007: IV Conspirando por unha radio libre – DZINE (San Sadurniño). Músicos: La Sentina, Os Chiquilicuatres (Ribeira), ex Lamatumbás (hoxe O Sonoro Maxín, Ourense).

20 de marzo de 2008: V Conspirando por unha radio libre (Praza do Inferniño-Ferrol, baixo carpa). Müsicos: Dakidarría (Nigrán), The Sweat, Ta´Crack, 1º Feira de Colectivos.

9 de abril de 2009: VI Conspirando por unha radio libre (Praza do Inferniño-Ferrol, baixo carpa). Músicos: Retobato (Trasancos), Roge de Flor (Trasancos), Sacha na Horta (Compostela), 2º Feira de Colectivos.

---
Nun futuro Divertimento faremos un repaso polas seguintes edicións do Conspirando retomadas, (tras un parón de cinco anos) no ano 2015, cadrando co 10 aniversario das emisións de Rádio FilispiM, cando unha nova xeración de filispinia@s, e outros que retornan, collen o testigo e volven activalo pasando a ser o espazo elixido para a súa celebración, nas VII e VIII edición unha sá comercial de concertos cos seus propios medios técnicos, característica que simplifica a súa realización, sen perder o seu obxectivo orixinal: acadar autofinanciamento con achegas da comunidade e colectivos afíns.

Documentación e condución: Pequeno Monstro.
Sintonizamos... (26/03/2009)

20 de março de 2016

VIII Conspirando por unha radio libre (xoves, 24/03/2016)


O VIII Conspirando por umha Rádio Livre, será o joves 24 de Março de 2016 às 22h:00hs. na Sala Super8 de Ferrol.

Com as atuaçons das bandas ferrolás:
ALBERTO KNOX
BLAH!
ESPEJOS Y DIAMANTES

Petiscos, Photocall e sorteio de camisolas filispinianas, e para rematar a festa, pinchada de ANDRÉS (Alarido Mongólico).

A entrada será de 5€ e destinarase integramente para a autogestom da Rádio Livre e comunitária da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM.

18 de março de 2016

IV Encontros ReMC, conversa con Íñigo Muñoz de Tas-Tas Irratia + Asasinato Carlos Palomino_Divertimento (15/11/2007, Rádio FilispiM)


(15/11/2007 - resubida) Divertimento para pequenos monstros, dende o "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán.

        Neste programa:
  • Comentamos as convocatorias do momento: VI Xornadas Libertarias no Espazo Libertario de Ferrol e as 1ª Xornadas de Sensiblización do VIH do Comité antisida Lazos de Ferrol, co lema "Non quedes nas nubes".
  • Manifestacións no Estado en repulsa do asasinato de Carlos Palomino, un xoven madrileño antifascista apuñalado no corazón o 11 de novembro de 2007 por un individuo fascista, militar de profesión, que ía participar nunha manifestación racista convocada polo partido nacionalista español "Democracia Nacional". Máis info aquí.
  • IV Encontro da Rede de Medios Comunitarios (ReMC) en Bilbo, celebradas o 23, 24 e 25 de novembro de 2007. Máis info aquí. En Divertimento, conversamos vía telefónica con Íñigo Muñoz, un dos integrantes da radio organizadora daquel encontro, a xa desaparecida Tas-Tas Irrati librea.
Durante o programa escoitamos música de: Fermín Muguruza, Mr. Symarip, La Polla Records e Devo.

Apresenta: Pequeno Monstro (15/11/2007)

17 de março de 2016

Cobertura contra dos CIES de `Rompamos el Silencio´, 12/04/2008 + Chiquilicuatres de Riveira - Divertimento (17/04/2008, Rádio FilispiM)

Mobilización contra dos CIES (12/04/2008)

(17/04/2008 - resubida) Divertimento para pequenos monstros, dende o estudio "metro cadrado" de Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán.

Na primeira metade do programa falamos dos mal chamados C.I.E.S, cárceres para @s inmigrantes parias, non para os ricos. A través da convocatoria `No a los Centros de Internamiento de Extranjeros. Cerremos nuestros Guantánamos´ e da estupenda cobertura do centro de medios Rompamos el Silencio que agrupa a webs, xornais, radios e colectivos audiovisuais contrainformativos da Comunidade de Madrid. Unha acción informativa coordinada por Radio Vallekas á que se uniron Radio Contrabanda (BCN) e Radio Geneto (Tenerife), todas elas con CIES próximos.

A acción consistíu na coordinación entre as radios participantes e inmigrantes dentro e fóra dos CIES e contou cun veículo adaptado que amplificaba a transmisión das radios, coma "megafonía". Ademáis, nos días previos se repartiran receptores de radio e tarxetas de tfnos. móbiles entre os familiares intern@s do CIE de Aluche. Cos receptores estes podian sintonizar co que estaba a acontecer en Madrid, Barcelona e Tenerife, mentres que cos teléfonos participaban na transmisión dende o interior dos CIES cos seus valiosos testemuños. Máis información e audios daquela cobertura, aquí.

Na segunda metade do programa conversamos con Suso Bello, quen xunto a Alberto Millán e Fernando Pérez formaban os Chiquilicuatres de Riveira e viñan de editar o traballo "Delitos de Autor", en formato "USB". Un ano antes tiñan participado na IV edición do Conspirando por unha radio libre, o festival para a autoxestión de Rádio FilispiM.

Durante o programa ouvimos música de Dissidenten. Sintonizamos...
Conduce: Pequeno Monstro (17/04/2008).

8 de março de 2016

Paco `Pestes´García & Suso `Suciedad´, poetastros - Divertimento (08/06/2001, Radio Fene)

Paco `Pestes´ (dereita). Imaxe arquivo RFM

(08/06/2001 - resubida) Divertimento para pequenos monstros, producido orixinalmente dende Radio Fene, 107.7 FM (EMUGA), con dous convidados especiais: Paco `Pestes´ García e Suso `Suciedad´, deconstrutores de poesía.

Un insólito cuestionario aos convidados abre este programa, preguntas que finalizan cunha hostia en directo ao Pequeno Monstro por parte de Ana Lucecú, feito insólito no panoráma radiofónico mundial. De fondo a música de La Orquesta de las Nubes.

Centrados no programa, Suso `Suciedad´(Manchita) lé ao vivo unha selección de textos/bomba da súa autoría: Amor de luna, Inmolación, Sexo o sé que no, Carta al secreto de la noche... Pola súa banda, Paco `Pestes´, lé textos do `Poemario de poética impura´ e do `Pequeño poemario bastardo´. As lecturas son ambientadas por unha selección musical acorde: La Orquesta de las Nubes, Diamanda Galas, Tom Waits ou Ciudad Jardín. Ademaís, ouvimos un tema Alberto `Truco´ Taboada, cuxa letra é autoría de Paco `Pestes´.

No último tramo do programa abrimos a axenda cultural de Ana Lucecú  e para findar conectamos coa praza de Armas de Ferrol, donde Lupe Ces nos informou da concentración da Marcha Mundial das Mulleres contra da ocupación dos territorios do pobo palestiniano. A coordenadora da MMM de Ferrolterra súmabase así a unha convocatoria feminista mundial para visibilizar os, daquela, 34 anos de opresión do goberno sionista de Israel ao pobo palestiniano. Transcorridos 15 anos da emisión deste programa a ocupación dos seus territorios e a violencia contra deste pobo sen Estado, continúa.

Conducen e apresentan: Ana Lucecú & Pequeno Monstro (08/06/2001).
Control de son: Antonio (Rádio Fene).

6 de março de 2016

Masa Crítica ou bicicletadas, con Ernesto López `Nes´ - Divertimento (18/02/2008, Rádio FilispiM)

Nés (O Souto - Rádio FilispiM)

(18/02 /2008 - arquivo) Divertimento para pequenos monstros, edición especial adicada ao colectivo Masa Crítica, coa presenza no estudo "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán, dun dos seus integrantes en Ferrol, Ernesto Lópes "Nes"

A Masa Crítica é un fenómeno ciclista que ten lugar todos os meses en moitos lugares do mundo. A súa finalidade é dar coñecer as grandes ventaxas que aportan á mobilidade, á sociedade e ao individuo, unha maior presenza de bicicletas nas cidades, para reducir as molestias que ocasiona o tráfico motorizado: ruido, contaminación, atascos, inseguirade...

O conceito Masa Crítica foi popularizado polo deseñador de vehículos de tracción humama George Bliss, para referirse a un fenómeno que observou na China: nos cruces sen semáforos, @s ciclistas se van acumulado até chegar un número total que lles permite cruzas sen risco, é a "masa crítica"...

En Ferrol as tamén chamadas "bicicletadas" tiñan lugar os últimos xoves de cada mes, cara as 20:15 h. na Praza do Inferniño. O seu lema era "pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes". Ao tempo, a nível de Galiza, unha vez ao ano se organiza a Masa Crítica Galega, da que é protagonista unha vila galega.

Para falar de todo esto contamos en Divertimento coa presenza de Nés, na altura compañeiro do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, conductor do programa "O Souto", integrante de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecoloxia de Galiza) e doutros colectivos, coma a Fundaçom Artábria.

No transcorrer do programa escoitamos música cubana e aproveitamos para promocionar a que sería a quinta edición do festival de Rádio FilispiM, o "Conspirando por unha radio libre" (xoves 20 de marzo de 2008), que por vez primeira se celebraría ao ár libre, baixo dunha carpa na praza do Inferniño de Ferrol, incorporando ao programa, unha feira de mostras de colectivos sociais da comarca.

Conduce: Pequeno Monstro (18/02/2008)

3 de março de 2016

Oscar Quant e Rubén Coca en plan Dobarrista - Divertimento (08/05/2007, Rádio FilispiM)

Quant, no video-clip `Pois eu´

(08/05/2007 - resubida) Divertimento para pequenos monstros, dende o estudio "metro cadrado" da FilispiM no Ateneo Ferrolán, adicado á formación ferrolá Quant, que viñan de gravar un video-clip realizado por Rubén Coca en homenaxe a Andrés do Barro, emulando a famosa escena do filme "En la red de mi canción" (Mariano Ozores, 1971), donde Dobarro canta a mítica "Pois eu" acompañado por Los Sprinters, subidos nunha furgoneta que circula pola zona vella de Compostela.

Todo esto acontecía antes da publicación do primeiro disco grande de Quant "New Adventures in Full Colour" (2009), tempo no que Oscar Sabín, Rubén Coca, Fer Marta e Alberto Amigo (primeira formación de Quant) gravan algunhas maquetas, mesmo a que apresentaron neste Divertimento. Ademáís, no transcorrer do programa falamos de experiencias ferrolterráqueas daquel momento, coma as festas e vinilos de "La Fonográfica General" ou a inminente actuación de Quant, 22 e 23 de maio daquel 2007, no mítico The Cavern de Liverpool. En definitiva, a primeira e moi nutritiva entrevista que realizamos ao "universo quántico" na FilispiM, xa que no transcorrer dos anos habería moitas máis...

Volvendo a Andrés Do Barro, un mes despois da emisión deste espazo lévouse a cabo a gala "Saudade de ti" homenaxe ao intérprete ferrolán, producida pola TVG no Teatro Jofre de Ferrol, e na que foi apresentado o video-clip no que Quant rememoran a escea daquel filme dos 70.

A figura de Andrés do Barro vén sendo reivindicada nos últimos anos. No 2004, tras unha mesa redonda na Galería Sargadelos, se constitúe o Movimento Dobarrista do que xurdirían unha serie de iniciativas coma foi a gravación dun doble cedé (Falcatruada, 2007) coa participación de 30 grupos galegos.

"O tren que me leva" foi outras das iniciativas en forma de documentario dirixido por Anxo Fernández. Un filme cuxa produción comezou naquel 2004 pero que finalmente se apresenta o 27 de setembro de 2013, un ano antes do 25 cabodano de Do Barro.

Canto a obras escritas, "Saúdade" escrita por Fernando Fernández Rego (La Fonoteca, 2015), foi apresentada no Manchita Cosa (Ferrol) o 10 de xullo de 2015; daquela, tivemos en `Divertimento´ ao autor, podes ouvir aquela conversa neste enlace. A publicación, todo un éxito, conta xa con varias edicións, mais, hoxendía (2016) segue a botarse en falla a versión en lingua galega.

O principal logro do músico ferrolán foi ser quen de levar a lingua propia Galicia ao cume das listas de éxitos musicais dos 70. Todo un acerto naqueles anos é un moi loábel empeño do intérprete. Iniciativas cidadás coma demandar a Medalla de Galicia para Do Barro, a título póstumo, están máis que xustificadas.

Conduce: Pequeno Monstro (08/05/2007).



1 de março de 2016

Mobilizacións CIG contra da reforma laboral + Mobilización contra o feche centro saúde da Graña + Acampada Ferrol - Divertimento (15/03/2012, Rádio FilispiM)

15M  Ferrol  (Fonte: Chupicola)

(15/03/2012 - resubida) Divertimento para pequenos monstros, dende o estudio de Caranza. Un programa que cadrou nunha xornada chea de mobilizacións na nosa comarca, das que, como non podír ser menos, falamos e tomamos o pulso no máis rigoroso dos directos...
  • Delegados da CIG péchanse no Concello de Ferrol contra da "reforma laboral", co fn de visibilizar a xornada de folga xeral do 29 de marzo daquel 2012. Conexión telefónica co salón de actos do Concello, falamos cun dos fechados.
  • Delegados da CIG Ferrol realizan unha camiñada Ferrol-Compostela reclamando carga de traballo para os Esteleiros da comarca. Conexión con Alfredo Maceiras, delegado sindical que participa na marcha.
  • No estudio André, Paki e Pablo do colectivo Acampada Ferrol, xurdido do 15M, en Ferrol, máis específicamente do 17M.
  • Conexión coa concentración en apoio ao Centro de Saúde de A Graña. A nosa compañeira María Teresa Vilariño coméntanos in situ como a concentración ten derivado finalmente nunha manifestación polo centro de Ferrol.
  • Un ouvinte de Rádio FilispiM, chama a radio...
Conduce: Pequeno Monstro.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...