12 de abril de 2016

Divertimento Pilar Blanco, bibliotecaria do Ateneo Ferrolán - 24/04/2008

Pilar Blanco, bibliotecaria

(24/04/2009 - resubida) Co gallo do 40 aniversario da refundación do Ateneo Ferrolán, recuperamos esta conversa en Divertimento para pequenos monstros con Pilar Blanco, daquela responsábel da biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolan, que realizamos con motivo da celebración dunha sesión vermú en apoio a entidade, naquel mes de abril de 2008.

Aquela conversa foi realizada dende o estudio "metro cadrado", o mítico primeiro estudio de Rádio FilispiM no Ateneo.

Volvendo a actualidade, Pilar Blanco, dentro das numerosas actividades que o Ateneo programa no seu 40 aniversario, participará na charla "Presente, pasado e futuro da Biblioteca-hemeroteca do Ateneo"; unha biblioteca que, xunto ao seu patrimonio artístico, continúa baixo chave nuns contedores dunha empresa de mudanza dende o ano 2010, como consecuencia das obras de rehabitación do Ateneo por parte do Concello. Segue o programa actos do 40 aniversario do Ateneo neste enlace.

Pluralidade, tolerancia e diversidade, seguen a ser os principios do Ateneo.

Conduce: Pequeno Monstro (24/04/2009)

10 de abril de 2016

Novo blog temático adicado ás gravacións perdidas de Diálogos 3 (Radio 3-RNE)


Teño o prazer de vos apresentar un novo blog temático adicado ao mítico programa de Radio 3 (RNE) Diálogos 3. Nel compilarei todas as edicións de Diálogos que até agora publiquei no blog de Off Mental,e outras novas, que irei subindo paseniñamente.

As gravacións ás que teredes acceso son recuperadas e dixitalizadas do meu arquivo sonoro, rexistradas orixinamente en cita casete, que acompaño cunha pequena entrada introdutoria. A maioría delas foron emitidas nos primeiros anos noventa en Radio 3 (RNE) apresentadas polo director do espazo, Ramón Trecet, e algunhas outras por Lara López. A caracteristica fundamental destas gravacións é que se trata de especiais de fin de semana (sí, durante un tempo Dialogos 3 se emitiu tamén en fin de semana) donde Ramón e Lara a aproveitaban para programar discos enteiros, biografías de artistas, monográficos de selos discográficos, estilos, etc.

Esté é o novo sitio: http://dialogos3radio3.blogspot.com

Agardo que gostedes.

Pequeno Monstro (1/04/2016)


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...