27 de setembro de 2014

Divertimento -Especial "A Movida Ferrolá" & Feminismo en Trasancos - 26/09/2014

Movida Ferrolá, Sala Super 8

Venres 26 de setembro de 2014, entre as 6 e 8 do serán... DIVERTIMENTO para pequenos monstros, na Radio Filispim 93.9FM, dúas horas de radio.
  • 1º hora. Enchimos o estudio de MOVIDA FERROLÁ... Propietarios dalgúns locais da noite ferrolá aterraron en Divertimento. Falaron dos seus locais, da noite, da movida ferrolá... No estudio contamos coa presenza de humanos procedentes de PUB INDIE, SALA SUPER 8, PUB CARTELES...
  • 2ª hora. Enchimos o estudio de FEMINISMO. O domingo 28 de setembro, as 12:00 do mediodía as mulleres galegas volven á rúa contra a reforma da lei do aborto, baixo o lema: “Tomamos as prazas. Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos”. Pese retirada do Decreto e dimisión de "Fachardón", as feministas non baixamos a garda. Os actos están convocados pola PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO*.  En Ferrol o domingo 28 un pasarrúas partirá ás 12h. do Cantón e rematará na Praza do Inferniño ás 13h.
 (* ) Pese a estaren convidadas, finalmente non tivemos presenza, nen comunicación telefónica coa Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, como tiveramos gostado, dende Divertimento e a radio libre de Trasancos, para darlle voz directamente.
  • Cara a última media hora do programa demos conta da Axenda de concertos que, como sempre, prepara Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.

Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
DifundeRádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM

21 de setembro de 2014

Divertimento - Esperanza Vázquez, amante da fotografía & Salvemos o Ateneo Ferroán - 19/09/2014

Instantanea en apoio ao Ateneo Ferrolán (16/09/2014)

Divertimento para pequenos monstros, a Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM. Edición do 19 de setembro de 2014. Regreso as ondas na nova grella da Filispim. Dúas horas monstrosas de radio...



  • Na primeira hora do programa falamos con Esperanza Vázquez Dopico (http://esperanzavazquezdopicofotografia.blogspot.com.es/) e da mirada da súa cámara e de olas, moitas olas...


  • Cara o meridiano, nova cita coa Axenda cultural que, unha vez máis, elabora Ana Lucecú, o vagalume da noite ferrolá.


  • Para findar, demos conta da concentración do pasado martes 16 en apoio ao Ateneo Ferrolan, dentro da campaña Salvemos o Ateneo. Ouvimos algunhas das centos de voces que alí estiveron, sumándose ao berro contra do culturicidio do actual goberno do PP en Ferrol. Ademáis, falamos en directo con Eliseo Fernandez, presidente do Ateneo, quen nos deu conta das últimas novidades tralo xuizo do mércores 17.

  • Para escoitarnos?: Radio Filispim 93.9FM. Directos, venres, sextas, de 6 a 8 do serán.
     
    Conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, seres radiosupervivintes.
    — en Radio Filispim 93.9 Fm.
    Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...