27 de setembro de 2013

DIVERTIMENTO - Xornadas dos CUO (Comités Unidade Obreira) - Especial feminismo, Marcha Mundial das Mulleres - 27/09/2013


Divertimento para pequenos monstros do venres 27 de setembro de 2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...
  • Contacto telefónico cos CUO Ferrol (Comités pola Unidade Obreira) para nos falar da charla que celebrarán o venres 27 de setembro na Galería Sargadelos de Ferrol, baixo o título "A experiencia dos CUO na loita do carbón asturiano. A unidade obreira, unha necesidade".
  • Especial feminismo, coa presenza de integrantes da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, falando da súa orixe, da súa tensa relación co Grupo de Goberno do dereitista PP en Ferrol, das Xornadas "Feminismo en Obras" do 5 de outubro en Narón (A Coruña) e da manifestación polo dereito ao aborto este sábado 28 de setembro de 2013 en Compostela. 
Conduciu o especial feminismo: Paula Meizoso.
Apresentaron e conduciron Divertimento: Ana Lucecú e André "Pequeño Monstro".
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM de Corunha. 
Nota: enlace audio substituido polo correcto.

21 de setembro de 2013

DIVERTIMENTO - Sergio Tannus & Pepe Cunha apresenta a versión radio Ábretedeorellas na FilispiM - 20/09/2013


O venres 20 de setembro de 2013, regresou DIVERTIMENTO para pequenos monstros á sintonía de RÁDIO FILISPIM, 93.9 FM, entre as 18:00 e 20:0 h.

Falamos con Sergio Tannus, músico brasileiro afincado na Galiza que vén de publicar un traballo acompañado por músicos coma Uxia, Narf, Antonio Zanbujo, Ceumar, Aline Frazao ou Xabier Díaz. Comandando a entrevista estivo Javier Enrique Malespina Moreno, un tipo realmente perigoso...

Despois conversamos con Pepe Cunha de Rottenville, quen nos falou da súa inminente reincorporación á Rádio Filispim-Colectivo Opaii!, coa versión radiofónica de Ábretedeorellas.

Para finalizar, Ana Santiago "Lucecú" nos trouxo as recomendacións canto a axenda de concertos e festivais desta fin de semana...

Non cho perdas, palabra de Pequeno Monstro e Ana Lucecú.

Radio Filispim 93.9FM (Ferrolterra) e para todo o mundo vía streaming no blog: http://opaii.blogspot.com.es/


Cunha promo Divertimento 2013/2014:


11 de setembro de 2013

Comeza a nova grelha de Rádio FilispiM, 2013/2014

O inicio das emisións da novena grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM será o sábado 14 de setembro a partir das 12:00 h. na traseira do Mercado de Caranza, no trancurso da XIV Sesión Vermú. Contará coas voces protagonistas da nova grella 2013/2104, nun programa especial que se emitirá en directo, dende as 12:00 h. do mediodía. A festa da radio acompañarase de saborosos petiscos, cervexas, vermú, música en directo, así como dun sorteo de camisolas co logo da radio. Como xa é habitual, o principal instrumento do Colectivo Opaii!, Rádio FilispiM, oferece o seu estudio de radio aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para participar da radio.

As persoas interesadas deben enviar as súas propostas radiofónicas ao enderezo filispina@gmail.com No apartado “Quen Somos?” do blog do Colectivo Opaíí!, se atopa toda a información relativa ao mesmo. Rádio FilispiM, é unha radio libre e comunitaria enmarcada no terceiro sector da comunicación, integrada na Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (ReGARLIC) e na Rede Estatal de Medios Comunitarios (ReMC),  que vén de cumprir oito anos de emisóns ininterrompidas. A paixón por unha radio non convencional, autoxestionada, creativa, comprometida e con vocación local, fixeron que no trancurso destes case nove anos, pasaran polo seu estudio (primeiro no Ateneo e agora en Caranza) centos de persoas radioapaixoadas, así coma dúcias de colectivos e do tecido asociativo da nosa comarca. Grazas pola difusión!.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...