15 de xullo de 2011

Divertimento - Novas sobre @s Indignad@s Ferrol + XI Festival da Terra e da Lingua [Fundaçom Artábria]

Edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM], apresentada e conducida polo Pequeno Monstro.

Neste programa:
  • Conversa con Martinha do colectivo Acampada/Indignad@s Ferrol, quen nos falou das actividades deste colectivo logo do "levantamento" da Acampada na Praza 15 de Maio de Ferrol; dentre delas as xornadas polo "Dereito a unha vivenda digna" [experiencias de okupación Berlín-Caranza], charla-debate cuxo audio vos ofereceremos neste mesmo blogue en vindeiras entradas.
  • Entrevista a Xaquim e Monse integrantes da asemblea da Fudaçom Artábria de Ferrol, que esta fin de semana celebra o XI Festival da Terra e da Língua, no Moinho de Pedroso [Narom]. Falamos da atualidade desta consolidada Asociación da nosa comarca así como do programa do Festival e ouvimos música dos grupos participantes nas xornada dovenres [sexta feira] 15 e sábado 16 de xullo.
Rádio FilispiM, participará [previo convite da Fundaçom] na charla-debate sobre os medios de información [e contrainfo] xunto a profesionais de Galizacontrainfo, Novas de Galiza e Diário Liberdade. Vai ser este sábado a partir das 19:00 h. no propio recinto do Festival. Máis información en: http://www.artabria.net/




Descargar o audio

13 de xullo de 2011

80 Vinilos/h - Programa 38

Mecánica Popular - Baku:1922 (El Aparato Auditivo más Bello del Mundo) El Cometa de Madrid, 1987

Edición nº 38 de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos 80´s en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol] + segunta entrega da sección internacional Sons do Máis Aló.

Durante o programa pinchamos as músicas de:
-
MECÁNICA POPULAR- Visibilidad [Lp. Baku:1922 (El aparato auditivo más bello del mundo) – El Cometa de Madrid 1987].
-
MECÁNICA POPULAR – Las maravillas del mañana [Lp. Baku:1922 (El aparato auditivo más bello del mundo) - El Cometa de Madrid 1987].
-
MECÁNICA POPULAR – Baku 1922 [Lp. Baku:1922 (El aparato auditivo más bello del mundo) - El Cometa de Madrid 1987].- MACROMASSA – Mi amigo el ombligo [Lp. Macromissa – 1987].
-
MACROMASSA – Luna sola en el firmamento [Lp. Macromissa – 1987].
-
MACROMASSA – Personal estudio del carácter privado [Lp. Macromissa – 1987].
-
AVIADOR DRO – Amor Industrial [Maxi homónimo DRO - 1983]


Sección Internacional “Sons do Máis Aló” (http://chorbyradio.blogspot.com):
-
OMD – Radio Prague [Lp. Dazzle Ships –Virgin 1983].
-
OMD – ABC Auto-Industri [Lp. Dazzle Ships – Virgin 1983].
-
CABARET VOLTAIRE – Just Fascination Single [Lp.Crackdown – Virgin 1983].
-
DEPECHE MODE – Photograph [Lp. Some Bizarre Album – Some Bizarre 1981]

Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)


Descargar o audio



Monstros, no Facebook.

8 de xullo de 2011

Divertimento - Especial "Desmontando o ensino público. Contrato por Ferrol".

Nova edición de Divertimento para pequenos monstros, que demos en chamar "Desmontando o ensino público. Contrato por Ferrol".

Contamos coa presenza no estudio de Rádio FilispiM, 93.9 FM, de Patricia e Ana, nais de nen@s e da comunidade educativa do Colexio Rural de Lago en Valdoviño, así como de José Manuel [profesor] e Juan [ANPA] da comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol.

Como xa é público sobre a Escola de Valdoviño existe unha ameaza seria de feche e sobre a escola de San Xoán de Filgueira unha reducción dos seus recursos humanos e de unidades pese ao incremento de alumnado. Este último centro contínua o seu feche de protesto contra estas medidas, dende o pasado xoves 30 de xuño.

Ademáis, outros centros educativos públicos da comarca de Ferrol son afectados por estoutra "reconversión", dunha o doutra maneira: Rodolfo Ucha, IES Ferrolterra, CIFP de Fene, Colexios Os Casais de Maniños e O Ramo de Barallobre, IES Fernando Esquío de Neda, Colexio San Ramón de Moeche... A nível de Galicia, estes recortes afectan a outros moitos centros públicos.

Durante o programa analisouse a delicada situación dos Ensino Público na comarca de Ferrol [patrocinada paradoxalmente por quen "administra" o público -> Xunta de Galicia e os seus monaguillos], ademáis se estabeleceu un interesante diálogo cos ouvintes que chamaron a radio en directo.

Descargar o audio

Foto: Susete Ferrol

6 de xullo de 2011

80 Vinilos/h - Programa 37

El Aviador DRO [Alas Sobre el Mundo. DRO, 1982]
Edición nº 37 de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol], presentado polo Pequeno Monstro.

Nesta edición, damos a benvida a unha nova sección internacional: "Sons do Máis Aló" comandada polo blog: egarpar.blogspot.com 

Escoitamos:
- AZUL Y NEGRO - Technovision [Lp. Digital - Recompilatorio 1º e 2º LP,s rememisturado e remasterizado - Polygram 1983].- AZUL Y NEGRO -The Night [Lp. Digital - Recompilatorio 1º e 2º LP,s rememisturado e remasterizado - Polygram 1983].
- EL AVIADOR DRO - Brigada de demolición [Lp. Alas sobre el mundo – 1982 DRO].
- EL AVIADOR DRO - Cita en el Asteroide [Lp. Alas sobre el mundo - 1982 DRO].
- ESPLENDOR GEOMÉTRICO – Unidad de control [demo track incluida na reedición en CD do ano 2000 da casete EG1 publicada orixinalmente por Datenvararbeitung no ano 1981].
- MECÁNICA POPULAR – Daguerrotipo [Lp. Que sucede con el tiempo? 
- DRO 1984 – Reeditado en 1990 por Discos Esplendor Geométrico].
- MECÁNICA POPULAR – Máquinas y procedimientos [Lp. Que sucede con el tiempo? - DRO 1984 – Reeditado en 1990 por Discos Esplendor Geométrico].

Sección internacional, "Sons do Máis Aló":

- YAZOO – Situation [Cara B single Only you - Mute Records 1982].
- THE MEN – I don´t depend on you [Single – Virgin Records 1979].
- RHEINGLOD – Deiklangs–Dimensionen [Single, tirado do Lp Rheingold - Welt Rekord 1980].


Descargar o audio

Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)



Monstro,  Facebook.

1 de xullo de 2011

Divertimento - Ataque da Xunta ao ensino publico [CEIP San Xoan de Filgueira] + Do Wah Diddy! Pop Festival [Ferrol]

Nova edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM] - 30/06/2011

Contidos:
- Inminencias e incidéncias sónicas ferrolterráqueas. Ouvimos pezas do novo álbum de ROGER DE FLOR [El mundo está loco, loco, loco], un adianto do vindeiro disco de OSCAR QUANT e dúas pezas radiantes-maketas dos ferrolás iluminados CARRERO BIANCO.

- Ataque da Xunta de GZ ao ensino público [CEIP San Xoan de Filgueira]. Contacto telefónico por mór do feche que está comunidade educativa iniciou este xoves. Un recoñecido e premiado centro público da comarca posto contra as cordas pola Administración galega -> http://www.edu.xunta.es/centros/ceipxoanfilgueira/node/272

- Entrevista a CARLOS ESPEJO, un dos organizadores de DO WAH DIDDY! POP FESTIVAL, que se celebrará o venres 1 de xullo no pub Carteles de Ferrol. Escoitamos músicas das bandas que conforman o cartaz da festa presentación deste festival: The Right Nows [Cedeira], The Seasongs [Madrid] e Bang 74 [Ferrol].

Descargar o audio

Monstro, agréganos no Facebook.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...