15 de xullo de 2011

Divertimento - Novas sobre @s Indignad@s Ferrol + XI Festival da Terra e da Lingua [Fundaçom Artábria]

Edición de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM], apresentada e conducida polo Pequeno Monstro.

Neste programa:
  • Conversa con Martinha do colectivo Acampada/Indignad@s Ferrol, quen nos falou das actividades deste colectivo logo do "levantamento" da Acampada na Praza 15 de Maio de Ferrol; dentre delas as xornadas polo "Dereito a unha vivenda digna" [experiencias de okupación Berlín-Caranza], charla-debate cuxo audio vos ofereceremos neste mesmo blogue en vindeiras entradas.
  • Entrevista a Xaquim e Monse integrantes da asemblea da Fudaçom Artábria de Ferrol, que esta fin de semana celebra o XI Festival da Terra e da Língua, no Moinho de Pedroso [Narom]. Falamos da atualidade desta consolidada Asociación da nosa comarca así como do programa do Festival e ouvimos música dos grupos participantes nas xornada dovenres [sexta feira] 15 e sábado 16 de xullo.
Rádio FilispiM, participará [previo convite da Fundaçom] na charla-debate sobre os medios de información [e contrainfo] xunto a profesionais de Galizacontrainfo, Novas de Galiza e Diário Liberdade. Vai ser este sábado a partir das 19:00 h. no propio recinto do Festival. Máis información en: http://www.artabria.net/




Descargar o audio

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...