31 de dezembro de 2010

Programa especial Fin de Ano en Rádio FilispiM [30/12/2010]



Ontes día 30 de decembro de 2010, xuntámonos moitas das personas que fan posíbel a continuidade da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, nunha Festa radifónica fin de ano 2010.

Atopámonos no renovado estudio da Rádio FilispiM, e compartimos uns deliciosos petiscos da época [turrón, empanada de porro, gusanitos...] e uns copos de cava e de sidra. Con eles brindamos unhas chea de vezes!!!

Aproveitamos para fazer avaliación deste ano radiofónico tan emociontante para nós: novo local, novo estudio de radio, novas compañeiras, novos programas e muitas boas vibracións. Así que pédimoslle ao novo ano máis boa onda, moito traballo, paz, solidariedade...

No estudio atopámonos: Lucía e Javier Malespina, Cholo, Paula, Soledad, Pablo, Miguel, José Torregrosa, Luis, Pedro Ferrández, Fátima e máís André [Pequeno Monstro]. Sen esquecernos das demáis compañeiras que non puideron acudir a cita: Iago, Marta...

Aplaudimos, cantamos, rimos e até debatimos... En defintiva, pasámolo moi, moi, ben.

A gravación do Programa Especial Fin de Ano Filispiniano, poderase escoitar en diferido en Rádio FilispiM, 93.9 FM:
- Sábado 1 de xaneiro de 2011, a partir da 1:00 h. da madrugada.
- Domingo día 2, a partir das 18:00 h.
- Luns día 3, a partir das 15:00 h.

Ficades co audio. En breve colgaremos as fotos da programa Fin de Ano.

Descargar o audio

28 de dezembro de 2010

80 Vinilos/h - programa 10

BSO programa TVE La Bola de Cristal, CD (Hispavox, 1985)
Décima edición de 80 Vinilos/h, programa das músicas estatais dos oitenta, apresentado polo Pequeno Monstro, Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol].

Neste programa:
- NACHA POP - Magia con precisión [Lp. Más Números, Otras Letras - DRO, 1983].
 ALASKA Y DINARAMA - La Bola de Cristal [CD. BSO La Bola de Cristal - Hispavox, 1985].
- LOS ELETRODUENDES - Soy un Electroduende [CD. BSO La Bola de Cristal - Hispavox, 1985].
- ALASKA Y DINARAMA - Vacaciones infernales [CD. BSO La Bola de Cristal - Hispavox, 1985].
- CARLOS BERLANGA - Vacaciones [CD. Impermeable - Elefant, 2001].
- CARLOS BERLANGA - Cul de Sac [CD. Impermeable - Elefant, 2001].
- ALASKA Y LOS PEGAMOIDES - Otra Dimensión [CD recompilatorio "Grabaciones Inéditas". Serie "Canciones desde la Tumba, Nº 7" - Subterfuge 1998.
- PARALISIS PERMANENTE - Autosuficiencia [Single compartido con Gabinete Caligari - Tic Tac Records, 1982].
- PARALISIS PERMANENTE - Tengo un Pasajero [Single compartido con Gabinete Caligari - Tic Tac Records, 1982].
- ALPHAVILLE - Nietzsche [der Geisteskrank] [Ep. Paisajes Nocturnos - DRO, 1982].
- ALPHAVILLE - El Innombrable [Lp. De Máscaras y Enigmas - DRO, 1983].
- ALPHAVILLE - De Máscaras y Enigmas [Ep. El Desprecio - DRO, 1984].


Descargar o audio

Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

24 de dezembro de 2010

80 Vinilos/h - programa 9

Tos (Dos Rombos, single 1982)
Novena edición de 80 Vinilos/h, adicado a música estatal dos oitenta, apresentado polo Pequeno Monstro, Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol].

Neste programa:
- MERMELADA CON LENTEJAS - Dame la botella [Single, cara A - Chapa Discos, 1978].
- MERMELADA CON LENTEJAS - Marta [Single, cara B - Chapa Discos, 1978].
- LOS ELEGANTES - Perder o ganar [Ep promo Perder o Ganar, 1989].
- LOS ELEGANTES - Cerca de ti [Lp. Ponte ya a Bailar - Zafiro, 1984].
- LOS ELEGANTES - Un día más [Lp. Ponte ya a Bailar - Zafiro, 1984].
- TOS - Máquinas [Mini Lp. Máquinas - Dos Rombos, 1982].
- TOS - Déjame [Versión demo - maqueta, 1982].
- TRASTOS - El poli te ve [Single, cara A - CBS, 1980].
- TRASTOS - Rockers del 83 [Single, cara B - CBS, 1980].
- NACHA POP - Chica de ayer [Lp. homónimo - Hispavox, 1980].
- NACHA POP - Juego sucio [Lp. Buena Disposición -  Hispavox, 1982].
- Extracto programa de TVE "POPGRAMA" - Edición febreiro 1980 - Especial concerto homenaxe a Canito [batera de TOS]. Apresentan: Carlos Tena e Diego A. Manrique.

Corrección de erros: no audio refírome a Diego Manrique como Diego "Antonio" Manrique. Isto é un erro, o seu segundo nome é Alfredo ;-)


Descargar o audio

Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

21 de dezembro de 2010

Divertimento - Unha tarde coas nenas do Colexio de Lago [Valdoviño] e o Apalpador.

Última hora!!!

O Apalpador apareceuse este mércores entre as 18:30 e 19:30 h. no programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilispiM , donde seis nenas entre tres e cinco anos do Centro escolar Rural Agrupado "Esquío" [Lago-Valdoviño], Candela, Jazzmin, Antía, Sara, Sheila e Alba, tiveron ocasión de conversar con ele.

Ademáis, as nenas aproveitaron para nos cantar algunhas panxoliñas e máis o romance de Gaiferos de Mormaltán, moi ben aprendidas pola súa titora de infantil, Sabela.

O Apalpador [tamén coñecido como Pandigueiro na comarca Terra de Trives] é, nas zonas do leste de Galiza, a figura mítica dun carboeiro que segundo a tradición baixa a noite do 31 de decembro a tocar a barriguiña aos nenos para ver se comeron ben durante o ano, deixándolles unha chea de castañas e, se cadra [que sempre cadra], algún agasallo ademáis de desexarlles que teñan un ano novo cheo de felicidade e comida.

O Apalpador éche unha figura popular nas montañas do leste de Galicia [o Courel, Terra de Trives, o Bierzo], mais últimamente anda a ser visto pola nosa comarca e por todo o noso País, para ledicia de pequen@s e máis grandes monstros.

Dende Divertimento vimos de pedirlle ao Apalpador que ademáis da presa de castañas de quenda, nos traiga a tod@s @s compas e ouvintes da Rádio FilispiM o mellor para o vindeiro 2011!!

Divertimento para pequenos monstros ben sendo un programa que emite Rádio FilispiM que tambén podes ouvir como podcast.

Descargar o audio


18 de dezembro de 2010

Divertimento - Enrique Morente, até sempre [16/12/2010].

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros, non poidemos senón que despedirnos de Enrique Morente cunha pequena [pero monstrosa] homenaxe: sentindo a súa música.

Enrique Morente foi un artista universal comprometido co seu tempo. Tambén foi un artista innovador no xénero que dominaba, o flamenco. A súa traxectoria só pode ser comparada coa outro monstro do xénero, Camarón de la Isla.

No seu achegamento a xéneros máis populares coma o rock, pariu unha das obras de fusión máis impactantes da década dos noventa: OMEGA. A obra, gravada cunha chea de músicos e a formación de rock [tambén granaina] Lagartija Nick, é inmensa.

En OMEGA, os textos lorquianos do cantautor canadiano Leonard Cohen mais as adaptacións de poemas do propio Federico García Lorca, serven de base a unha explosión de innovación, enerxía e sentimento durante algo máis dunha hora.

Enrique Morente abandonou este mundo un 13 de decembro de 2010. O vindeiro 25 deste natal tivera cumprido 68 anos. Na súa despedida, a súa dona Laura García Lorca [sobrina de Federico García Lorca] e a súa filla Estrella, estiveron acompañadas por todas.

No programa escoitamos a obra completa OMEGA [El Europeo, 1996], que tiven ocasión de ver en directo nun dos pavillóns de A Malata [Ferrol], un nove de agosto de 2002. Ao final ouvimos o audio donde a súa filla, Estrella, lle canta en corpo presente, uns versos do Poema del Cante Jondo de F.G. Lorca, "Ay, empieza el llanto de la guitarra, llora como el viento sobre la nevada. Ay, es inútil callarla, es imposible callarla..."

Enrique Morente, mesmo volveu visitar Ferrol [Teatro Jofre] o recente 23 de xullo de 2010. Daquela, o noso compañeiro Pedro [Rádio FilispiM - "Aquilo que vibra"] o veu sair do Mercado da Madalena, cunha bolsa ben sortida de peixe .

Enrique Morente, até sempre.

17 de dezembro de 2010

A nova imaxe do estudio de Rádio FilispiM [93.9 FM, Ferrol]

O Colectivo Opaíí!, sempre en azón, vén de realizar melloras no novo estudio de Rádio FilispiM en Caranza [Ferrol].

Como saberás, Rádio FilispiM é a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol dende hai cinco anos. Proba a sintonizala no 93.9 FM, porque te sorprenderás dun outro xeito de fazer e ouvir radio.

Estas son algunhas das imaxes que se tomaron das melloras.

Ademáis vén de instalarse unha liña telefónica fixa e unha conexión a internet, para termos a información fresquinha sempre presente cada quen no seu programa.

Agora só falta que ti mesma te pases a disfrutalas, así que xa sabes...

14 de dezembro de 2010

80 Vinilos/h - programa 8

VA - Viva el Rollo, toda la bronca de los 70, CD (DRO, 2003)
Oitava edición de 80 Vinilos/h, o programa adicado a música estatal dos oitenta, apresentado polo Pequeno Monstro, Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol].

Neste programa:
- KAKA DE LUXE - La pluma eléctrica [Ep. homónimo - Chapa Discos, 1978].
- KAKA DE LUXE - Rosario + Toca el pito [Ep homónimo - Chapa Discos, 1978].
- MARISCAL ROMERO - Viva el rollo! [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO, 2003].
- KAKA DE LULXE - Pero me aburro [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO, 2003]. Orixinal de Lp Las Canciones Malditas. El Fantasma del Paraiso, 1983.
- TOPO - Mis amigos donde estarán [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO, 2003]. Orixinal de Lp homónimo - Chapa Discos, 1979.
- CUCHARADA - Social peligrosidad [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO, 2003]. Orixinal de Lp homónimo - Chapa Discos, 1978.
- ÑU - Algunos músicos fueron nosotros [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70, DRO, 2003]. Orixinal de Lp Cuentos de Ayer y de Hoy - Chapa Discos, 1978.
- BLOQUE - La libre creación [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO 2003]. Orixinal de Lp homónimo - Chapa Discos, 1978.
- RED BOX-EL ROJO - Ira roja [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO, 2003]. Orixinal de Single Ira Roja - Chapa Discos, 1978.
- MERMELADA - Coge el tren [CD Recompilatorio Viva el Rollo, toda la bronca de los 70 - DRO, 2003]. Orixinal de Lp Coge el Tren - Chapa Discos, 1979.
- MERMELADA - Coge el tren [versión directo, 1994].
- MERMELADA - Bebiendo y bailando [1er Single do Lp Coge el Tren - Chapa Discos, 1980].
- MERMELADA - Las seis de la mañana [Lp Coge el Tren - Chapa Discos, 1979].



Descargar o audio

Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

Masiva asistencia a manifestación contra o desaloxo do CSO Casa das Atochas [A Corunha].

Tal e como anunciamos en anteriores edicións de Divertimento para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM], o pasado sábado 11 de decembro de 2010 tivo lugar unha manifestación contra o desaloxo do CSO Casa das Atochas [A Corunha].

Déixovos cunha breve resenha e un fenomenal video elaborado pola xente de Galiza Contrainfo, cuxo portal vos recomendo.

"Centos de pessoas acudirom à manifestaçom convocada contra o desalojo do espaço okupado da Casa das Atochas. A marcha saiu do Campo de Marte para percorrer as ruas do centro da cidade, e rematou com ambiente de festa nos arredores da rua Atocha Alta onde está a okupa."

12 de dezembro de 2010

Divertimento - Entrevista a Oscar QUANT [09/12/2010]

Nesta edición do programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilispiM [09/12/2010], estivemos acompañados do ferrolán Oscar QUANT, quen nos falou de cuestións que teñen acontecido dende a súa última visita a Divertimento.

Así, falounos da súa colaboración coa banda punk de Ferrol Lee Van Cleef [Lee Van Quant] , a nova proposta pop de Amparo Árias [Limodre-Fene], da produtora audiovisual Woo! [Ferrol], dos seus videos, do seu estudio de gravación Sausalito, do seu inminente novo disco grande, de sospeitosas mensaxes escritas en servilletas de papel... e un cento de monstrosidades máis.

Como non podía ser menos, todo ilo o ilustramos coas músicas de:
- AMPARO ARIAS [Yes, no].
- LEE VAN QUANT [Lee Van Cleef + QUANT].
- QUANT [un tema tributo aos Raspberries, a sintonía do programa Turkía [Localia TV]
+ Ninguén parece escoitar [anti-Reganosa] + en exclusiva mundial para Divertimento e Rádio FilispiM, un adianto do inminente novo disco de QUANT [que escoitamos dúas veces!].

Divertimento non é un rollo. É unha madalena.

Para calquer aclaración ao respeito contacten co Pequeno monstro.

8 de dezembro de 2010

80 Vinilos/h - programa 7

Basura, single (Belter, 1978)
Sétima edición de 80 Vinilos/h, o programa adicado a música estatal dos oitenta.

Selección musica, comentarios e control de son: Pequeno Monstro [Rádio FilispiM, 93.9 FM - Ferrol].

Neste edición:
- BASURA - No seas lesbiana mi amor [Single homónimo. Belter, 1978].
- BASURA - Bertha estúpida nineta [CD Los Malditos de los 80.  Divucsa, 2003].
- ULTRATUITA - No ríe el sol [Single homónimo.  Ddomèstic, 1983].
- ULTRATUITA - Frío [Single cara B, vinilo anterior.  Ddomèstic, 1983].
- LA BANDA TRAPERA DEL RÍO - Ciutat podrida [Lp homónimo. Belter, 1979].
- MORTIMER - General Idi Amin Dada [CD Los Malditos de los 80. Divucsa, 2003].
- MORTIMER - Como un día más [CD Los Malditos de los 80. Divucsa, 2003].
- ASFALTO - Ya está bien [Lp homónimo. Belter, 1978].
- ASFALTO - Capitán Trueno [Lp homónimo. Belter, 1978].
- BARÓN ROJO - Los roqueros van al infierno [Lp Volumen Brutal. Chapa, 1982].
- KAKA DE LUXE - Viva el metro [Lp póstumo Las Canciones Malditas. El Fantasma del Paraiso, 1983].


Descargar o audio

Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

3 de dezembro de 2010

Divertimento - CSO Casa da Estación [Pontedeume]+CSO As Atochas [Corunha]

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros [02/12/2010], achegáronse ao estudio de Rádio FilispiM, dous integrantes da asemblea do C.S.O. Casa das Estación [Pontedeume].
Chini e máis Jesús, faláronos desta realidade de centro social, autoxestionado e okupado, tan cercano a nós.

Ademáis tivemos unha conexión telefónica con Lucía, integrante da asemblea do CSO, Casa das Atochas en A Corunha.

Este último centro social, con dous anos e medio de existenza, veu desenvolvendo unha chea de actividades alternativas ao "menú cultural patrocinado" por uns e por outros. Así, o CSO Casa das Atochas de A Corunha, e xa un referente canto a xestión dun centro social autoxestionado e okupado en pleno centro de A Corunha [bairro das Atochas Alta].

Mais, alguén non o entende así [ou lle parece que há demasiada organización fóra da "organización"], pois unha xuiza ten dictado orde de desaloxo para o vindeiro xoves 9 de decembro de 2010. Dende Divertimento preguntámonos para cando o desaloxo dos especuladores, chourizos e demáis calaña das inmediacións.

Así as cousas, unha vez máis, os Pequen@s monstros estivemos con elas e seguiremos estando.
Podes saber máis do que están a argallar podes mirar neste enlace ou nestrouto.

Divertimento
, é un programa de radio que emite Rádio FilispiM, 93.9FM. Ademáis o penduramos como pod-cast en: http://opaii.blogspot.com - http://podgalego.org e mesmo neste blogue.


Ademáis, podes escoitar/descargar o extracto da entrevista con Lucía do CSO Casa das Atochas [Corunha], aquí:

1 de dezembro de 2010

Orde de desaloxo do CSO Casa das Atochas [Corunha] + Audio entrevista 30-12-2008

Chéganos este comunicado do CSO Casa das Atochas en A Corunha. Semella que o vindeiro xoves 9 de decembro de 2010 podería ter lugar un intento de desaloxo, aló menos iso dixo a xuiza de quenda.

Ao final do comunicado déixovos cun enlace a un audio extraido do Divertimento para pequenos mosntros [Rádio FilispiM, 30/12/2008], donde tivemos ocasión de falar con un dos integrantes da asemblea deste centro social okupado de A Corunha.

Nas vindeiras edicións de Divertimento, tentarei cubrir esta cuestión. Así que atentas ao dial e as próximas entradas deste blogue.

Comunicado:

ALARMA! orde de desaloxo.


Xa están aquí![espertando o pesadelo].

Hai case 3 anos que comezou todo, hai case 3 anos que o asemblearismo, a horizontalidade e a autoxestión establécense nas nosas vidas como unha realidade, case 3 anos que desafiamos a lóxica probable do evidente, alcanzando así o principio dun longo camiño incerto, cuxo final está aínda por escribir.

Case 3 anos que a reafirmación persoal e colectiva duns principios de participación afloraron polos poros da nosa pel e tímidamente ameazan con romper a coraza de medo na que se foi convertindo, lentamente, o noso corpo.

Tres anos nos que a utopía do descoñecido vencía por fin á rutina condicionada e aplastante do cotián. Onde, por e para todxs, é sentida a significación máis profunda do «faino ti mesmx» creando así un espazo de desarrollo creativo político e social.
Tan só 3 anos…, como pasa o tempo…

Aínda se recorda como era todo antes; a frustración, a decepción, o non atopar nin o tempo nin o lugar… o non entender porque aquí era imposible o que en calquera outra parte era real. Qué malos tempos!

Pois ben, por fin séntese que o tempo é agora. Por fin séntese que o lugar é aquí.
Hoxe compréndese que só nós somos capaces de conseguilo. Que non necesitamos nin intermediarixs nin promesas que nos iluminen.

Por fin démonos de conta de que nas nosas mans están as rendas das nosas vidas e nos nosos corazóns os idearios de liberdade, de igualdade, de xustiza e de apoio mutuo.

Hoxe é agora, e agora é o momento. Hoxe por todxs e mañá tamén.

Descargar o audio

Amosa o teu apoio ao C.S.O. Casa das Atochas entrando aqui:
Adhesión Colectivos: descarga
Adhesión Persoas humanas: descarga
Envía a túa adhesión a: contacto [arroba] casadasatochas.infoç
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...