14 de julho de 2010

Carne Cruda, o mellor de Radio 3 [RNE].

Estes días de xullo, aproveitando que o tempo acompaña, aproveito para darlle feiras ao carro e ir até o chollo dando unha camiñada. Xa de volta, de Caranza até Porta Nova, veño ben acompañado por unha amiga miña chamada Radio. Sí, dende hai tempo xa [síntoo María, engáñoche con outra].

Na sintonía de Radio 3 [RNE], descubro e paladeo un programa chamado Carne Cruda presentado por Javier Gallego "Crudo", que me retrotrae aos mellores e lexendarios programas matutinos da outrora Radio 3: Caravana de Hormigas [J. Francia, Beltrán, Tamargo], Tiempos Modernos [Manolo Ferreras], El Ciempiés [Jaime Romo]... Así que, anímovos a escoitalo pois é do máis fresco e interesante do dial [exceptuando os contidos de Rádio FilispiM, hoxe tambén de feiras]. Ademáis, polo que estou a comprobar en outros foros, semella que non son o único que alédase da existencia de Carne Cruda na cociña da Radio 3, vede este enlace.

Neste mesmo blog xa vos pasei hai meses o audio da edición de Carne Cruda adicada aos 30 anos das radios libres e comunitarias no Estado español. Aproveitando esta reseña volo enlazo de novo, e déixovos cos comentarios que Javier Gallego "Crudo" fai no seu blog sobre os contidos de Carne Cruda:

"Este é o blog do programa Carne Cruda de Radio 3, unha carnicería radiofónica na que facemos picado a realidade social, sacámoslle os higadillos á cultura e abrimos en canle aos personaxes máis "rarunos" para servirchos frescos, sanguentos e coas tripas fóra."

"O noso menú de degustación componse de información contracultural, axitación social, activismo político, historias inauditas e personaxes singulares, aderezados con humor, ficción, reportaxes e as propostas musicais máis audaces e heteroxéneas. Pon toda a orella no asador que lle imos a dar un bocao."

Descargar o arquivo





Pequen@s monstros de Dios, saberedes cando se emite Carne Cruda en Radio 3, aquí: http://www.rtve.es/radio/20090914/carne-cruda/292356.shtml.
Atoparedes outras edicións adicadas a outros interesantes temas en: http://www.rtve.es/podcast/radio-3/carne-cruda/

13 de julho de 2010

Asemblea Mundial de Radios Comunitarias [AMARC-Arxentina]


Radios comunitarias de todo o mundo ultiman xa a Asemblea da Asociación Mundial de Radios Comunitarias, AMARC, que se celebrará o próximo mes de novembro de 2010 en Arxentina. As anfitrioas do evento serán 21 radios comunitarias, centros de produción e comunicadoras e comunicadores sociais arxentinos.

Gorka Andraka, de Tas-Tas Irratia, de Bilbao, achéganos as impresións de María Pía Matta, vicepresidenta da Asociación Mundial de Radios Comunitarias [AMARC] en América Latina e Caribe. Pía Matta fala sobre os desafíos desta asemblea da Asociación Mundial de Radios Comunitarias, do dereito á comunicación e da supervivencia deste tipo de emisoras de radio.






Audio e texto tirado do portal informativo Más Voces : www.masvoces.org

9 de julho de 2010

O Bit da Cuestión, publicación de AMARC - ALER.

O noso compa da ReMC, Javi García, pásanos este interesante enlace á publicación editada por AMARC e ALER: El Bit de la Cuestión.

O Bit da Cuestión, é un libro sobre a radio popular e comunitaria en era dixital.

O Grupo de Investigación sobre Novas Tecnoloxías de Ritmo Sur, programa conxunto de AMARC ALC e ALER, editou este libro.

Nesta publicación, o equipo elaborou unha serie de principios que se propón como unha guía para encarar a dixitalización da radio. Como punto de partida, afirman que "a introdución da radiodifusión dixital debe facerse de forma que permita un sistema de radiodifusión máis diverso e democrático".

O Bit da Cuestión propón construír unha visión que entenda a tecnoloxía como unha construción social e permita unha análise que abranga toda a complexidade que supón a dixitalización e os intereses que están en xogo. Un mapa da radio popular e comunitaria na era dixital.

O libro está distribuído polas radios asociadas a ambas as redes e pode descargarse e utilizarse baixo licenza creative commons.

Podes descargalo aquí.

8 de julho de 2010

Radio Dixital Vs Radio Analóxica.

Javi García [ReMC], achéganos este interesante artículo, que tambén afecta aos nosos medios comunitários:

A radio resístese a un apagamento analóxico como o da TV: Industria e AERC ven moi complicada a transición. [Servimedia, 08 de xullo de 2010].

A implantación da radio dixital en España estase convertendo nunha misión case imposible, e tanto o Ministerio de Industria como as cadeas de emisoras non esconden nestes momentos o seu pesimismo respecto da posibilidade de que poida lograrse a curto prazo un "apagamento analóxico" como o que se conseguiu este ano en televisión coa TDT.

A Lei de Comunicación Audiovisual obriga ao Goberno a aprobar antes de finais de 2011 un "Plano de Dixitalización da Radiodifusión Sonora Terrestre", que agora mesmo non parece factible, porque non hai acordo no sector sobre os estándares de difusión do sinal, os receptores nin a repartición do espectro.

"Temos 18 meses para aprobar o plan, pero o tema está francamente complicado, e a radio dixital non acaba de despegar polos problemas que estamos atopando cos receptores, os estándares comúns e a cobertura", recoñecía días atrás o subdirector xeral de Medios Audiovisuais do Ministerio de Industria, Fernando Castelo, nunhas xornadas sobre a Lei Audiovisual organizadas polo bufete Garrigues.

O impulso á radio dixital remóntase neste país a máis dunha década, cando o Goberno do PP anunciou a convocatoria de concurso de licenzas durante a etapa de Rafael Arias Salgado como ministro de Fomento.

"Desde entón, os operadores fixemos investimentos importantes para ter o sinal dixital no aire, pero é certo que se presenta moi díficil a chegada desta nova tecnoloxía que todos queremos, porque o futuro da radio ten que ser dixital", recoñece o secretario xeral da Asociación Española de Radios Comerciais [AERC], Afonso Ruiz de Assín.

Para as radios privadas, o problema ten a súa orixe en gran medida en que non hai consenso na elección da tecnoloxía idónea, nin en España nin no resto de Europa, "os radiodifusores non fan por iso campañas de promoción e entre a poboación existe un descoñecemento absoluto sobre a radio dixital".

Neste escenario, a AERC cre que é "absolutamente imposible pensar agora nunha data para o 'apagamento analóxico' da radio", e presaxia "un longo período de coexistencia entre o dixital e o analóxico; mentres, ofrecemos toda a nosa colaboración ao Goberno para sacar isto adiante".

Así as cousas, terá que pasar un tempo para a popularización desta radio, agora no limbo das ondas, que promete "máis calidade de son, menos interferencias e novos servizos engadidos".

Tirado de: El periodista digital.com

3 de julho de 2010

Estrano comunicado do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM


Os Pequenos Monstros ficamos desconcertadas ao recibilo. Nós, limitámonos a volo transcribir tal como chegou:


Estimad@s filispin@s, tod@s:

O pasado 29 de xunho de 2010 ás 16:35 h, Rádio FilispiM, a emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, deixou de emitir. Neste lugar debería ir unha explicación máis ou menos lóxica e convincente para que todas e todos coñecésemos as razóns de tal “apagón” logo de case que cinco anos de emisións ininterrompidas [cumpriríanse en agosto deste 2010].

En lugar de darvos esa razón “aplastante” que vos deixaría a todas e todos contentas [ou non?] oferecémosvos unha serie de razóns para que vos elixades [ao voso entender] a máis lóxica e convicente.

Este extrano procedimento ten que ver cun experimento que estamos a levar a cabo no departamento Filispiniano de Humanística, de cuxos resultados informaremos en futuras entradas neste mesmo blogue. Permanecede a espera.

Se o desexades podedes elixir e votar pola opción [ou opcións] que pensades son as que teñen motivado a SUSPENSIÓN das emisións de Rádio FilispiM. Para ilo habilitamos un panel de votacións que atoparás na marxe dereita do blogue: www.opaii.blogspot.com. Ademáis, nun derroche de espirito democrático sen igual, podededes deixar o voso comentario ao pé da noticia.

Estas son as razóns polas que PODEDES VOTAR. Animádevos!!!:

OPCIÓN 1º. Non hai suspensión, de feito non houbo nen sequer emisións en todo este tempo. Éche todo unha trangallada do Colectivo Opaii!, unha farsa que durou case que cinco anos. Que todo o mundo se entere!.

OPCIÓN 2º. Trátase dunha suspensión das emisións para o mantemento dos equipos e do persoal. Aos equipos háilles que cambiar as lámpadas e ao persoal algún tornillo. En breves volverán ao ár, estou segura.

OPCIÓN 3º. Non apagaron os equipos de emisión, llos apagaron!!! Ou fou Fenosa, por impago, ou a Xunta, por alegais. Escoiteino ontes na pescadería!

OPCIÓN 4º. Foi un apagón de emisións temporal. Van cambiar de ubicación o estudio da radio. Onde estaban eles van montar unha perruquería, eles van para un lugar máis seguro [logo das últimas ameazas… da Policía].

OPCIÓN 5º. Realmente todo é un experimento sociolóxico para estudiar a reacción do pobo de
Ferrol e Trasancos tras a desaparación dunha droga á que foi enganchada previamente.

OPCIÓN 6º. La culpa de todo la tiene Zapatero. Sin más, lo dijeron en Intereconomia TV.

OPCIÓN 7º. A suspensión das emisión é tan só unha interrupción. Van cambiar os equipos á unha nova ubicación dentro do Ateneo Ferrolán. Rádio FilispiM pasa a ocupar todo o Ateneo e o Ateneo pasa a ocupar o metro cadrado que lle deron a Filispim hai cinco anos.

OPCIÓN 8º. Ganando como está “La Roja”, no sé a que vienen estos temas. Arriba España!!, coño!!

OPCIÓN 9º. Non deixaron de emitir, é unha emisión especial de Aquiloquevibra, están emitindo un maxi dun grupete destes raritos dos oitenta, música experimental, ruidista… So tes que clicar no reprodutor de abaixo.

OPCIÓN 10º. Non. Trátase dunha suspensión de emisións, durante o tempo que dure a instalación da nova torreta: en Montefaro, con 18 dipolos apilados e o novo emisor de 5.000 w.

OPCIÓN 11º. Ten que ver coa comentada fusión de RADIO MARÍA con RADIO FILISPIM, nunha nova cadena que se chamará RADIO MARÍA A TODO FILISPIM STAR. Canto teñan postos os crucifixos, cadeiras eléctricas e demáis aparataxe preparao reanudarán as emisións.

Agora xa podedes votar no panel que habilitamos na marxe superior dereita do blogue do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM de Ferrol e Trasancos.

En breves colgaremos, en exclusiva, unhas extranas e desasosegantes imaxes tiradas o día do apagón filispiniano. Atentas, atentos. Seguiremos informando.

Escoita a Radio FilispiM suspendida no Dial


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...