28 de janeiro de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Punk hoxe Vs Punk onte - Radio Fene_Abril2003

En abril do 2003 a equipa de Divertimento para pequenos monstros, emitimos en Radio Fene unha batalla punk, protagonizada entre os grupos oitenteros e os daquela.

As hostes de ámbalas dúas xeracións déronse cita neste peculiar Divertimento para disfrute de tod@s os pequen@s monstros. Así un tras outro, comezando pola década dos oitenta, intercalados cos grupos dos 2000, desataron o kaos nas ondas hertzianas: Larsen, Aborigen X, TDK, Kuero, Eskorbuto, Kuraia, Dekadencia,Wowees, Los Trastos, Pumping Folk Band, Familia Real, Fiasko.
    Podesdes lembrar aquila batalla no enlace que segue. Para a vindeira semana, máis madera do aquivo sonoro do Pequeno Monstro, aquí, onde paran os monstros.

    Descargar o arquivo



    22 de janeiro de 2010

    Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Entrevista a Eliseo Fernández - Radio Fene_Feb2003

    No programa de hoxe recuperamos unha entrevista co historiador ferrolán Eliseo Fernández quen nos apresenta o libro: José López Bouza, do anarquismo ao republicanismo [Edicións do Castro, 2002].

    A gravación do programa foi realizada nos estudios de Radio Fene [A Coruña] no mes de febreiro de 2003.

    Ademáis, Eliseo, fálanos da importancia do movimento libertario ao longo da historia, así como da súa presenza na cidade de Ferrol, Galiza e Estado.

    No transcurso da entrevista escoitamos unha colleita de cancións libertarias que nos deixou a historia contemporánea, que de seguro estremecerán a máis de un. Agardamos que así sexa.

    Para a vindeira semana máis monstrosidades, aquí, onde paran os monstros.

    Máis información en Divertimento para pequenos monstros.
    Descargar o arquivo


    Foto superior: Eliseo Fernández.

    16 de janeiro de 2010

    Luis del Olmo, "puntualizado" por un activista da radio comunitaria da ReMC.


    Durante o programa Protagonistas de Punto Radio, o xornalista Luís do Olmo falaba da existencia de 3 milleiros de radios piratas no Estado español, acusándoas de prácticas ilegais e de impedir o funcionamento das radios que el mesmo cualificou de "leais".

    O programa abriu o teléfono á participación da xente e aí colouse Francisco Aragón, do movemento de radios comunitarias en Madrid e da ReMC (Redes Estatal de Medios Comunitarios) para lembrar ás grandes cadeas de radios e ao propio Luís do Olmo, que son esas grandes radios son as primeiras que cometen ilegalidades, denunciando deste xeito a súa gran hipocrisía e as mentiras coas que enganan ás súas audiencias.

    As agudas "puntualizacións" do activista da ReMC, andan a suscitar numerosos comentarios na rede:
    http://www.elplural.com/comunicacion/detail.php?id=42181
    http://corunaonline.wordpress.com/2010/01/12/pirateria/
    http://debates.coches.net/showthread.php?t=165393

    Escoita a intervención, non ten perda.


    Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

    10 de janeiro de 2010

    Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Radio Fene - Vedra Rock + entrevista Habeas Corpus.

    Un Divertimento Antitaurino. Así apresentaranse os Pequen@s Monstros, un 23 de marzo de 2001, na emisora local Radio Fene.

    Nesta edición, tirada do arquivo sonoro, entrevistamos a Xosé Manuel Carreira do colectivo Crazy Cabeças do concello de Vedra, por mór do VI Festival Vedra Rock, nesta ocasion festival "antitaurino".

    Ademáis, aproveitando a presenza dos Habeas Corpus naquela edición do ano 2001 do Vedra Rock, recuperamos unha entrevista a Miguel, vocalista do grupo madrileño, realizada o 26/01/2001, no descorrer doutro dos míticos festivais do noso país, o Treme a Terra de Pontedeume (A Coruña).

    Nesta ocasión o Divertimento para pequenos monstros, estivo elaborado por Ana Santiago (Lucecú) e André (o Pequeno Monstro).


    A vindeira semán seguiremos tirando do arquivo sonoro. Polo momento, podes ouvir todas e cada unha das edicións de Divertimento, en:

    No área de Ferrol ao través de Rádio Filispim 93.9 FM:
    - Os xoves (quintas feiras) de 8 a 9 da noite.
    - Domingos de 10 a 11 da noite.
    - Martes (terzas feiras) de 2 a 3 da tarde.

    Na comarca de Bergantiños, en Corme en Radio Roncudo 106.1 FM:
    - Terzas feiras de 1 a 2 da tarde.

    Vía web, ao través dos pod-cast de:
    - Podgalego.com
    - Divertimento para pequenos monstros.
    - Radio Filispim.

    Para porse en contacto co programa escribe a: radiomonstro [arroba] gmail.com


    Descargar o programa

    9 de janeiro de 2010

    Masiva asistenza a prol da Casa Okupa das Atochas en A Coruña.

    Tiramos a seguinte información da web reganosademolizon, verbo da casa okupada do bairro das Atochas en A Coruña, da que vos demos voa conta en Divertimento para pequenos monstros, dende a súa ocupazón, ao través das ondas de Rádio FilispiM.

    Pola parte dos monstros, damos voa conta de que a asistencia a esta manifestación foi sorprendente, xa que fomos testemuñas dela, pese ao silencio informativo ao respeito por parte dos mass-media "convencionais".


    "Seguen a aparecer vídeos e fotos da magnífica manifestación do sábado 26 de decembro de 2009, contra o desaloxo do Centro Social Okupado Casa das Atochas, de Coruña. Para que non quede dúbida do apoio social que suscita este centro social okupado e autoxestionado, engadimos o que nos vai chegando. Que teñan claro que si, finalmente, veñen a desaloxar este centro social, non lles vai saír de balde."


    De gzvideos.info:


    "Este passado 26 de dezembro umha manifestaçom em apoio ao CSO A Casa das Atochas percorreu as ruas do centro da Corunha ante a ameaça de desalojo à que se enfrenta este centro social okupado, que leva funcionando desde o 14 de março de 2008 no bairro de Monte Alto."



    Podes ver máis videos e fotos no citado enlace.
    Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...