17 de setembro de 2019

Divertimento - Conversa con integrantes do CSO A Estación de Pontedeume e CSO As Atochas de Coruña (9/12/2010)


(Resubida, 9/12/2010)

Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros de 9 de decembro de 2010, achegáronse ao estudio de Rádio FilispiM, dous integrantes da asemblea do CSO Casa das Estación de Pontedeume. Chini e máis Jesús, faláronnos desta centro social, autoxestionado e ocupado, tan cercano a nós.

Ademáis, tivemos unha conexión telefónica con Lucía, integrante da asemblea do CSO Casa das Atochas en A Coruña. Iste centro social, con dous anos e medio de existenza, veu desenvolvendo unha chea de actividades alternativas ao "menú cultural patrocinado" polas institucións e tinglados comerciais. Así, o CSO Casa das Atochas é un referente, canto a xestión de social autoxestionado e ocupado, en pleno centro especulativo da cidade herculina. Mais, alguén non o entende así (semella que hai demasiada organización fóra da "organización"). A  chamada Xustiza ten dictada unha orde de desaloxo do Centro Social das Atochas, para o xoves 9 de decembro de 2010.  Máis información nestrouto Divertimento.

Conduce e presenta: André Pequeno Monstro.
Data: 9/12/2010
Emisión: Rádio Filispim, Ferrol.

1 comentario:

  1. Ola! Son Xosé e necesito unha casa ocupa para rodar unha secuencia dunha curta. Pechada a Casa das Atochas en Coruña, atópovos no internet.
    Con quen podo contactar?
    xoseeirin@yahoo.es

    ResponderEliminar

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...