17 de outubro de 2010

80 vinilos/h - programa 1

La Mode. La Evolución de las Costumbres, Lp. 1986
Hoxe inicio unha nova serie de programas para Rádio FilispiM,  libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol [Galiza]. Esta serie chamarase: 80 Vinilos/h.

No ano 1983 tiven o meu primeiro contacto coa radio ao través de Radio Popular de Ferrol, que daquela emitía no 88.5 FM no seu pequeno e "santo" estudo no bairro de Canido, Ferrol.

En todo caso a experiencia "iniciática" en cuestión, tiña formato de sección dentro do programa "Meridiano FM", que apresentaba Jesús Maillo, daquela director da emisora. O espazo se chamaba "Adictos al Imperdible", se emitía na tarde dos venres e duraba 30 m. Por el rodaban vinilos que se ben soaban nas ondas da emisora de Ferrol, non o facían dende o estudio do bairro de Canido. O misterio pasaba porque, daquela, espazos enlatados baixo o nome de "La Radio Feliz" e producidos por Nonito Pereira ocupaban boa parte da grella dunha Radio Popular de Ferrol cuxa produzón propia máis exitosa era o lembrado "Música y Estrellas". A produzón musical alternativa de "La Radio Feliz" non tiña nada que envexar as emisións do momento de Radio 3 [RNE]. Nos espazos de "La Radio Feliz", soaban as maquetas das bandas galegas do momento, como en ningún outro sitio, cun son excepcional...

En "Adictos al Imperdíble", saoban, ante o asombro de Jesús Maillo, os Kaka de Luxe, OX Pow, Polansky y el Ardor, La Mode, Los Pistones, Los Modelos e outos tantos grupos. A historia de como rematamos tres adolescenes de 18 anos pinchando e comentando música naquela radio das "ondas populares" contareina outro día...

Non quero rematar esta introdución sen lembrarme de dous amigos que acompañaron a un (pequeno) Pequeno Monstro naquela fermosa experiencia da adolescencia: Ángel Ávalos e Pedro Martín, todos nós do nacente bairro ferrolá de Ultramar. Ambos marcharon deste mundo moi pronto, polo que quero adicar a memoria deles, todas e cada unha das edicións deste novo programa que hoxe comeza: a 80 vinilos/h. Seguro que alá donde estean van gostar...

En Radio Fene, nos anos 2000, tambén houbo ocasión para realizar unha serie de programas con estas músicas. Moitos deles están xa dixitalizados e subidos ao noso blog. Non foron emitidos baixo o nome de 80 Vinilos/h, mais quixen recuperalos para esta serie, polo que tamén os atoparás neste blog, todos baixo a etiqueta "80 Vinilos".

Neste programa:
- SINTONÍA DO PROGRAMA - ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental [Maxi Una Noche sin ti. Hispavox, 1986].
- LA MODE - El Observatorio [Lp. La Evolución de las Costumbres. Nuevos Medios, 1986].
- LA MODE - En Cualquier Fiesta [Inédita. Programa "La Tarde" - TVE. Directo, cantada por Daniel Ballester].
- LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Inédita. Video TVE. Directo].
- LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Lp. homónimo, 1986].
- LA MODE - Sueño Oriental [Inédita, 1986].
- LOS PISTONES - Las Siete Menos Cuarto [Maxi homónimo. MR, 1983].
- LOS PISTONES - No Estás de Suerte [Maxi Las Siente Menos Cuarto. MR, 1983].
- EPISODIO - Volverte a Conocer [Maxi Luces de Ciudad. MR, 1982].
- EPISODIO - Sobre el Mar [Maxi Luces de Ciudad. MR, 1982].
- METRO - El quiere ser tu zombi [Lp. Metro. Citola, 1982].


Descargar o audio

Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...