10 de febreiro de 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Oitenta Vinilos [Cap. 2º] - Radio Fene_2005

Segundo dos capítulos adicados a nova ola estatal, que estes días cumpre 30 anos, logo da emisión un 9 de febreiro de 1980 en TVE [Popgrama] do concerto colectivo homenaxe a Canito [Bateria de Tos].

Podedes ter acceso a unha parte dese documento, neste enlace, na que vos atoparedes coa presentazón de dous novos e intrépidos periodistas que co paso dos anos serían algo máis que dous nomes propios relacionados cos medios de comunicazón estatais: Carlos Tena [que hoxe vive en Cuba e colabora para Cuba Información] e Diego Manrique [hoxe Subdirector de Radio 3].

Neste novo episodio da serie Oitenta Vinilos de Divertimento para pequenos monstros, fazemos unha especial parada en Valencia, onde naqueles primeiros oitenta xurdían grupos coma mandarinas, que apuntaban cara un pop tinxido de tecnoloxía, sendo o levante berce do tecno-pop estatal, con grupos e discos que co paso dos anos teñen deixado unha fonda pegada en re-colectores e coleccionistas de plásticos.

No programa rescatamos algúns dos vinilos de Comité Cisne ou Última Emoción, grupos que non chegaron a trascender como aconteceu con outros do momento, por iso gostamos de lembralos aquí, entre monstros. A gravazón que ouviredes, ao igual que o resto da serie, foi producida para Radio Fene, no ano 2005.

Xa no final do programa volvemos á nosa realidade local escoitando a música maquetera dos ferrolás Quant, que trinta anos depois seguen a pensar en vinilo.

A vindeira semán un novo capítulo de Oitenta Vinilos, aquí, onde paran os monstros [de plástico].

Descargar o arquivo




Todos os programas en: http://80vinilos.blogspot.com (novo blog temático!)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...