13 de julho de 2009

Portugal a descoberta. 2ª parte: Festival Músicas do Mundo de Sines.

Xa está aquí, xa chegou a onceava edición do FMM de Sines.

Argallado pola Cámara Municipal da fermosa vila Alentejana e cunha parte do seu programa a desenvolver na vila de Porto Cobo, ambas a uns 160 km ao sul da Lisboa, o FMM de Sines volve conter todos os ingredintes pra suxestionarnos curiosidade e animarnos a marchar aló: cualidade e diversidade nos artistas que conforman o cartaz (para cada un dos nove días que dura esta aventura), gratuidade en moitas das propostas, un entorno dunha beleza incomparábel, moi bon ambiente e Lisboa moi pertiño.

Para @s curios@s neste mesmo blog (no apartado temas fai clic en "festivais") atoparedes algunhas entradas que fixemos coas crónicas das nosas viaxes a este festival, supervivinte das "Ortigueiras" de turno.

Por certo, na 25 edición do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, ademáis do macro botellón de turno (e do palco exclusivo VIP para os nen@s lindos de Ortigueira que molaba mogollón tod@s sentadit@ de guai) explosionaron La Bottine Souriante (Quebec - Canadá) que son unha auténtica paaaasssaaadaaa!!!! e cuxo estoupido me mantivo entretido ante tanta virguería.

Volvendo a Sines, non poido esquezer o pedazo de concerto que deu na edición do 2008 a Rokia Traore (Mali), así que ficades con este video tirado daquela memorabel actuación e logo seguimos.



Máis Nada, Pequenos Monstros, ficades co Programa do FMM Sines 2009. Menos mal que nos queda Portugal!!!

Programa FMM Sines 2009.

PORTO COVO - Palco junto ao Porto de Pesca

Sexta-feira, 17 de Julho

O’Questrada (Portugal), 21h30
Rupa & The April Fishes (EUA), 23h00
Circo Abusivo (Itália), 00h30

Sábado, 18 de Julho

Victor Démé (Burkina Faso), 21h30
The Ukrainians (Reino Unido), 23h00
Dele Sosimi Afrobeat Orchestra (Nigéria/Reino Unido), 00h30

Domingo, 19 de Julho

Wyza (Angola), 21h30
Orquesta Típica Fernández Fierro (Argentina), 23h00
Daara J Family (Senegal), 00h30

SINES

Segunda-feira, 20 de Julho

Mor Karbasi (Israel/Reino Unido), 22h00, Centro de Artes de Sines
Portico Quartet (Reino Unido), 23h30, Centro de Artes de Sines

Terça-feira, 21 de Julho

Corneliu Stroe & Aromanian Ethno Band (Roménia), 22h00, Centro de Artes de Sines
Carmen Souza (Portugal/Cabo Verde), 23h30, Centro de Artes de Sines

Quarta-feira, 22 de Julho

Mamer (China), 18h30, Centro de Artes de Sines
Trilhos - Novos Caminhos da Guitarra Portuguesa (Portugal), 21h00, Castelo
Janita Salomé (Portugal), 22h15, Castelo
Uxía (Galiza), 23h30, Castelo
Acetre (Extremadura), 00h45, Castelo
L’Enfance Rouge (França/Itália/Tunísia), 02h30, Av. Vasco da Gama

Quinta-feira, 23 de Julho

Assobio (Portugal), 18h00, Centro de Artes de Sines
Alô Irmão - Narf & Manecas Costa (Galiza/Guiné-Bissau), 19h30, Av. Vasco da Gama
Hanggai (China), 21h30, Castelo
Chucho Valdés Big Band (Cuba), 23h00, Castelo
Kasaï Allstars (RD Congo), 00h30, Castelo
Damily (Madagáscar), 02h30, Av. Vasco da Gama

Sexta-feira, 24 de Julho

Paulo Sousa (Portugal), 18h00, Centro de Artes de Sines
Njava (Madagáscar), 19h30, Av. Vasco da Gama
Warsaw Village Band (Polónia), 21h30, Castelo
Debashish Bhattacharya (Índia), 23h00, Castelo
Cyro Baptista “Beat the Donkey” (Brasil/EUA), 00h30, Castelo
Chicha Libre (EUA), 02h30, Av. Vasco da Gama

Sábado, 25 de Julho

Melech Mechaya (Portugal), 18h00, Centro de Artes de Sines
Bibi Tanga & The Selenites (Rep. Centro-Africana/França), 19h30, Av. Vasco da Gama
James Blood Ulmer (EUA), 21h30, Castelo
Alamaailman Vasarat (Finlândia), 23h00, Castelo
Lee “Scratch” Perry (Jamaica), 00h30, Castelo
Speed Caravan (França/Argélia), 02h30, Av. Vasco da Gama

INICIATIVAS PARALELAS

Exposição “Caravançarai: 10 anos de FMM em fotografia”
Ciclo de cinema documental
Ateliês para crianças
Conversas com artistas
Ateliês de instrumentos
DJ’S
Encontro com os escritores Mia Couto e José Eduardo Agualusa
Skalabá Tuka: Animação de rua


3 de julho de 2009

Radio 3 cumpriu 30 anos.

A primeiros dos anos oitenta o meu amigo Miguelito (daquela veciño coma min do en construcción ferrolán bairro de Ultramar), descubriume unha radio que me acompañaría e marcaría radiofónicamente co paso dos anos.

Para situarvos na escena, O Pequeno Monstro aos quince anos non foi heavy, foi nova oleiro tirando a punkarra. No dial ferrolterráqueo a FM semellaba unha terra por conquistar, mais nun punto do seu dial e nunha praia con augas ben fresquiñas, andaba a chapotear o Pequeno Monstro.

Tratábase de Radio Popular de Ferrol no 88,5 FM, quen cunha estupenda programación enlatada baixo o nome de "La Radio Feliz", abanderaba aquela praia (naquela paisaxe case deserta da FM local) que certamente valiálle a dirección daquela radio para encher "ocos". Mais for como for, naquelas augas descubrín a bañistas coma coma Manolo Gato. Entrementres, retumbaba polos inmensos altofalantes o máis raiboso son do momento: Rádio Oceano, Viuda Gomez e Hijos, Siniestro Total, Golpes Bajos, Metro, Parálisis Permanente, Los Desechables, Decibelios, Derribos Arias, Los Modelos, Sindicato Malone, La Mode... cantas cintas casete gravadas coas músicas daqueles programas e que logo levaba ... a praia!!!

A casualidade fixo que a desaparecida Radio Popular de Ferrol, 98.5 FM, me outorgara a primeira oportunidade coma locutor e programador musical a mediados dos oitenta. Ao través dun espazo semanal duns 30 minutos chamado Adictos al Imperdible xunto a Pedro Martín e Angel Ávalos (finados moi novos e aos que uniume unha fonda amizade), pinchábamos os discos de Kaka de Luxe e demáis herbas, ante a mirada atónica de José Maillo daquela director da mencionada emisora local, quen non tardou en cancelar tan inocente convite a pór aqueles discos tan "ocorrentes".

Estamos a falar de mediados dos oitenta, donde a FM na comarca era unha praia virxe e donde todo o mundo ouvía e participaba do hoxe memorábel programa nocturno Música y Estrellas da mencionada Radio Popular de Ferrol. Naquela paisaxe da FM local, poucas praias máis nas que navegar, agás unhas novisimas Radio Fene que comezaba as súas emisións no 1984 e Radio Galega (1985), a Cadena Ser (e os seus 40 Principales), Radio Nacional cos seus catro canles (si, a canle galega de Radio Nacional, Radio 4, da que hoxe se sigue reclamando a súa volta!) e unha añorada por altenativa e innovadora RCE, Radio Cadena Española, fulminada por decreto en cuxo dial instalaron Radio 5, que logo sería "todo noticias". Ademaís, unha artesanal Onda Obreira comezaba as súas emisións un primeiro de maio de 1985 dende os locais do sindicato CCOO na R/ do Sol de Ferrol. Luis Iñíguez (18 Rodas) ou Carlos Alberto Alonso (As Muxicas), tiveron os seus primeiros contactos co mundo da radio nesta emisora de curta pero intensa existenza.

Facemos un alto pra nos lembrar da desaparecida RCE, Cadena Española, e de programazos coma "Jazz´tamos aquí", "El cubo mágico" (de tres caras) ou o memorábel "Bumerang" de Agustín Galán. Algúns dos protagonistas da desaparecida RCE pasarían a formar parte de Radio 3 (Julio Ruiz, quen se trasladou directamente co seu "Disco Grande"). Doutros coma Agustín Galán nunca máis se soubo, cuestión que os Pequenos Monstros, consideramos coma esquecemento imperdoábel, por parte das sucesivas direccións que pasaron por Radio 3, lugar donde debeu seguir a súa actividade radial o Agustín Galán.

Canto que falar, cantas lembranzas!!!. A existenza do Pequeno Monstro marcada por acontecementos radiofónicos, sempre esculcando no dial, tentando sintonizar algo doutros planetas... outras praias!!!

Mais volvamos a Radio 3. Así, foi como aquel amiguiño meu encarriloume cara unha unha xoven Radio 3 que daquela, meiados dos oitenta, sintonizábase na comarca en són monofónico e cuxa programación deixoume certamente impactado. Se ben as primeiras emisións estatais de Radio 3 datan de 1979, as súas orixes parten do chamado Tercer Programa de RNE, que dende o 1953 viña a emitir tan só para o dial madrileño con contidos educativos e culturais e logo ampliando a súa programación a temas musicais.

Programas musicais coma: Trébede, Esto es Jazz (Paco Montes), Disidentrés (José Miguel López), Dialogos 3 (Trecet), Cuando los elefantes sueñan con la música, El Diario Pop (cos seus tres locutores orixinais: o ferrolán Jesús Ordovás, Diego Manrique e Chema Rey, inda que ao pronto Tomás Fdez. Flores substituiría ao Manrique). De contidos desafiantes: Caravana de Hormigas (e dentro del Pensamiento 3 con Agustín Garcia Calvo), Tiempos Modernos con Manolo Ferreras, Perfil del Ruedo (Salvador Valdés e José M. López). Programas construidos con imaxinación a esgalla: Tris Tras Tres (Carlos Faraco), Rosa de Sanatorio (Jose Luis Moreno Ruiz), Chichirichachi (Juan e Sara), Un Mundo Feliz (Pedro Soler), Jack el Despertador (Juan Herrera) ...

Esa Radio 3 non é hoxe xa o que foi. Mais, si quero lembrar (e reivindicar!) a tod@s eses monstros da radio que tanto me influiron e formaron radiofónicamente: Carlos Faraco, Diego Manrique, Juan Francia, Pedro Soler, Federico Volpini, Manolo Ferreras, Jose Luis Moreno Ruiz, Juan Pablo Silvestre, Lara López, Ramón Trecet, Salvador Valdés, Ana Vega Toscano, Paco Montes ou mesmo o ferrolán Jesús Ordovás... a tod@s eles, grazas!!!!!

Non esquezo os informativos de Radio 3 que por libres foron eliminados da programación. Elaborados por Macu de la Cruz, Eduardo Moyano, Juan Izquierdo e dirixidos durante moito tempo polo ferrolán Jesús Vivanco (outro de Ferrol inventor da Radio 3!!) forman parte da historia máis audaz desta emisora. Con motivo do 30 aniversario de Radio 3 rescatou as voces de moitos dos protagonistas daqueles tempos e, claro, da equipa dos estupendos informativos (e añorados!) de Radio 3.

O audio que segue, seleccionado dentro da maratón das 30 horas de radio, analisa o traballo que se facía naqueles informativos, contextualizándoos co momento socio-político daquel Estado español dos primeiros oitenta e atiza sen clemencia o carácter sesgado dos actuais boletíns informativos dos mass media en xeral.

De quererdes máis, esta hora e as 29 restantes de programación especial polo 30 aniversario da terceira canle de RNE, poderédelas ouvir e descargar na web oficial de Radio 3, un documento imprescindíbel para entender aos monstros/locos da radio.

Descargar o arquivo


Foto superior: Estudio de Radio 3 en 1983.
Foto lateral dereita: Jesús Ordovas (Radio 3) e o André Pastor (Radio FilispiM) no Ateneo Ferrolán en 2008.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...