26 de xuño de 2009

Portugal a descoberta. 1ª parte: Festival Ollin Kan das culturas em resistência.

Dos festivais agachados de Portugal e que pretendemos pór a descuberta.

Disto vai esta entrada na que pretendo amplificar propostas festivaleiras para este vrao, avaladas coa nosa presenza en pasadas edicións, polo que garantimos 100% monstro-cualidade.

Mais, non vou falar aquí dos coñecidos, Paredes de Coura, Super Bock Super Rock (Porto/Lisboa) ... e doutros máis dos que conseguiredes a ben seguro toda a informazón que quixerdes nos medios oficiais, cartazes que ateigan muros na rúa ou mesmo sitios na rede coma neste enlace.

Vóuvos falar de dous festivais que dexexo compartillar con vós como algo especial e que desexo compartilledes a súa vez coa xente que queredes, de tu a tu... coma se for un agasallo, coma un segredo entre nós, entre monstros.

O primeiro deles é o Festival OLLIN KAN das culturas em resistência, que volta novamente a Portugal, à veciña Vila do Conde. Máis desta, adianta a súa edición aos días 16, 17 e 18 de xullo de 2009.

Así falan do OLLIN KAN @s seus organizadores, dentre deles
Zé Pedro, guitarrista dos Xutos e Pontapés e unha lenda da música moderna en Portugal.

O Festival Internacional das Culturas em Resistência Ollin Kan é uma aproximação a um outro olhar, aquele que resistiu e defendeu as suas heranças e alternativas culturais, sendo um dos festivais mais importantes do mundo.

O Festival Ollin Kan é assim um encontro vigoroso entre os povos que nos brindam com músicas e danças provenientes de todos os continentes.

Sonoridades provenientes do mundo/espaço árabe, flamenco, do fado, da música celta, do reggae, da rumba, da salsa, dos sons jarochos, do Caribe, da música mandinga, do samba, da bossa nova, do tango, da música dos Balcãs e todas as expressões de raiz na sua forma mais pura e nas suas múltiplas fusões com o mundo moderno.

Organizado pela Câmara Municipal de Vila do Conde e pela produtora independente Bartilotti Produções, o Festival Ollin Kan, abre a sua primeira sede alternativa em território europeu.

Foi o início da internacionalização de um festival que se tornou itinerante, levando consigo a mensagem do mundo alternativo a diversas cidades e países do Planeta; Mali, Colômbia, Portugal e México.

Os concertos realizam-se no Centro Histórico, no Cais da Alfândega, junto à Nau Quinhentista, com 2 palcos que funcionarão alternadamente das 21h30 às 02h00.

Pois nada máis, Pequenos monstros. Pra findar a primeira parte deste especial uns últimos apontamentos.

Este ano o Ollin Kan de Portugal, cumpre a súa segunda edición. Vai ser unha edición europeia moi especial, pois a edición de México, o Ollinkan Tlalpan 2009 (país donde nace o festival) foi suspendida e felizmente retomada en datas recentes, logo da emerxencia sanitaria por mor do virus da gripe A (H1N1). Por certo, festival este adicado ao innovador músico "mexiquense" Jorge Reyes falecido este ano.

Na vindeira entrada desvelaremos a segunda das recomendacións festivaleiras para todos vós, mais continuaremos o noso percorrido cara a uns 160 km ao sul de Lisboa... na fermosa vila de Sines. A bon seguro que os seguidores deste blog sabedes de que estou a falar.

De momento ide pensando o Ollin Kan 2009, da Vila do Conde e visitando este sitio http://www.ollinkanportugal.com/participantes.html, donde atoparedes todo o programa dun festival que por certo é de balde!!!

Ficades con este video da pasada edición no país veciño do Ollin Kan.

25 de xuño de 2009

Tres anarquistas encarapuchados interrompen un informativo da COPE.

Tres encarapuchados irromperon o pasado 6 de xuño de 2009 en metade dun informativo en directo da cadea COPE, situada en pleno centro de Cidade Real, gritando consignas como liberdade para os presos, anarquía, etc.

Os feitos ocorreron no programa que emite a emisora local ás 19.15 horas, e que é retransmitido pola xornalista Elena Jiménez.

Ao parecer, foron tres activistas @s que entraron no estudo e fixéronno con máscaras para susto da xornalista, que tivo que interromper o programa, non sen antes, para sorpresa dos radio-ouvintes, escoitar todo tipo de berros, desde consignas micrófono en man dos anarquistas a chamadas de socorro da locutora da COPE.

Tras o ocorrido, o equipo da emisora chamou á Policía Nacional, que se acudiu de forma inmediata ao lugar extraendo unha copia legal da gravación do programa, para con posterioridade tomar declaración aos afectados por este suceso.

A locutora, Elena Jiménez comentou a este diario que nin sequera puido escoitar ben as consignas dos mozos, polo impacto que lle causou a entrada totalmente imprevista destes, que ao parecer accederon ao estudo despaciño e agachados para non ser vistos polos responsables de control de seguridade.

Todo quedou nun susto e non houbo que lamentar ningún outro tipo de dano, persoal nin material.

Cabe destacar que, segundo xornalistas da cadea COPE de Cidade Real que levan unha longa traxectoria nesta emisora, é a primeira vez que ocorre un feito destas características.

Denuncia do PP. Tras decatarse dos sucedido, o Partido Popular de Cidade Real mandou un comunicado para condenar estes feitos, que entenden como un ataque á liberdade de expresión, e un ataque dos que non cren no sistema democrático e atentan contra el, cualificando o acto coma «unha brutal agresión aos principios máis elementais da convivencia democrática».

Non é a única acción que tenta visualizar a situación do preso anarquista Amadeo Casellas. Así, o xoves 4 de xuño deste 2009 un grupo de persoas intentou ler un comunicado desde os micrófonos da SER en Granada. Ésto non foi posible posto que os traballadores o impediron, chegando a policía aos poucos minutos. A situación terminou con 15 persoas identificadas e un detido.

21 de xuño de 2009

Rádio Filispim despide a súa cuarta grella a todo tango.

Rádio Filispim vén de despedir a súa cuarta tempada radiofónica no ár ferrolterráqueo.

O pasado 30 de maio de 2009, o Ateneo Ferrolán acolleu a VI Sesión Vermú da Radio Filispim, para celebrar o fin do curso radiofónico. Hoxe vos oferecemos as fotos que testemuñan que todo o prometido nas cuñas e cartazes que anunciaron o evento foi certo: tango en acustico e directo, riquísimos pinchos, vermú de vicio e filispin@s en escabeche.

A Rádio Filispim tómase un relativo descanso até outubro, mais durante este tempo o dial "filispiniano" continuara carregado de boa música, estupendos programas de produzón allea e valiosos contrainformativos. Para máis información sintoniza o teu dial no 93.9 FM.

Por outra banda, o Colectivo Opaíí! convoca unha asembleia xeral extraordinaria para este domingo 28 de xuño de 2009, no que van tratar diversos temas de vital importanza para a vida filispiniana neste planeta.

Máis nada. Polo de agora, deixámosvos coas fotos que @s filispin@s tiraron na VI Sesión Vermú despedida da grella 2008/2009 de Rádio Filispim!!!

19 de xuño de 2009

En Uruguai o Estado ameaza con silenciar as radios Comunitarias.

En Uruguai, o Ministerio de Industria, Enerxía e Minaría vén de determinar que todas as radios Comunitarias que están a emitir no país (as non financiadas por organismos públicos ou empresas privadas) non cumpren cos requisitos para acceder a unha licenza de radiodifusión. Así, os equipos das 100 radios Comunitarias que emiten no Uruguai, van ser incautados. Ista medida baséase nunha lei imposta en 1977, durante a ditadura militar.

Informa Jorge Pereyra, de Radio É, en Uruguai.





Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

8 de xuño de 2009

Aberto por reformas pechado por Alberto.

"Pechado por Alberto", este podería ser o cartaz que colga no estudio da Radio Galega, onde o Xurxo Souto e o Vituco Neira viñan de realizar o espazo radiofónico que máis apostou, divulgou e asentou a música de base galega nos últimos anos, Aberto por Reformas.

Ise lado miserábel do subsconsciente colectivo dunha boa parte do pobo galego, donde a propia lingua e o propio acento convértese nun problema (severo) vén de aparecerse descarado nunha toma de decisión que exemplariza o auto-odio que nos temos e o que nos agarda...

De vén atrás é coñecida a capacidade comunicadora do Xurxo, un estupendo laretas coñecido pola súa contribuzón a cultura contemporánea galega (propia) ao través dos seus relatos, historias, músicas e activismo radiofónico ("A Tropa da Traia", Radio Coruña).

O Colectivo Opaíí!! - Rádio FilispiM, tivo ocasión de comprobar como ise cascarilleireo de Monte Alto, embarcado dende había uns anos na radio pública da Galiza, tiña tempo para achegarse a Vila Podre (Ferrol) e contribuir a consolidación do proxecto da radio libre e comunitaria que emite dende estas terras, xunto ao resto da súa banda, Os Tres Trebóns e o Vendaval do Rosal. Foi un 13 de abril do ano 2006, no local social de San Carlos en Esteiro, no transcurso do III Conspirando por unha radio libre. Aínda nos acordamos os monstros.

Quero dicir, que Xurxo Souto estivo, estaba e estará sempre coa cultura de base galega (propia) e que a reacción que ten ocasionado o seu cese fulminante na Radio Galega e o silenciamento de todo ise traballo de consolidación antes comentado, semella o máis normal en todo este asunto ben cheo de absurdos.

Eu, agardaba que algo así acontecera pois forma parte da miseria dos medios controlados polos poderes públicos, mais no caso do Aberto por Reformas, ten sido certamente insultante que o programa continúe a emitirse co mesmo título e que o primeiro tema que teña soado na súa "nova andaina" sexa un de Bruce Springsteen... que queren que lles diga... que queres que che diga Xurxo... vente p'a FilispiM!!!

Pague a pena amplificar esta cuestión para fazérmonos a idea da miseria que nos agarda, cos Albertos e compaña. Así que ao pé vos van uns enlaces ben fermosos e algúns ben activos (cousa esta última importante) para que conspiredes, pequenos monstros.

En breves máis información pois semella que se está a argallar unha ben gorda, en apoio ao Xurxo e ao Vituco, cousa que é ben bonita e fermosa.

Pequeno Monstro.

- Ghastas Pista
- Agal-Gz
- Facebook de Xurxo
- Komunicando-1
- Komunicando-2
- Vieiros
- Abretedeorellas

4 de xuño de 2009

Manifestación-Roteiro contra Reganosa e os seus monaguillos. Venres 5 de xuño de 2009 en Ferrol.

O venres, 5 de Xuño, aconteceu umha nova Manifestación-Roteiro contra o despropósito de permanencia dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría.

Perto de trescentas pessoas xuntaronse polo desmantelamento de REGANOSA, por ilegal e perigosa, por ameazar a nosa vida e seguridade, porque empobrece a nossa fermosa Ría, e porque foi construída utilizando a corrupción política, o engano e a manipulación, só por intereses espúreos, económicos e políticos, duns poucos ricos, poderosos e covizosos.

Com motivo deste acto reivindicativo, Rádio FilispiM, 93.9 FM organizou um programa especial que cubriu em directo a manifestaçom, com micrófono aberto para os ouvintes, que chamaron ao teléfono do estudo [675 431 341] desde as 20 h. para dar a súa opiniom.

Agora, em diferido podes ouvir o programa especial íntegro neste reprodutor:
Descargar o arquivo


Nestoutro ouvirás a cunha que realizaron os da FilispiM:
Descargar a cunha

2 de xuño de 2009

Máis sobre a Rede estatal de Medios Comunitarios, a ReMC.

No Estado español, o pasado domingo a Rede de Medios Comunitarios constituír legalmente para defender o dereito a crear medios comunitarios e reivindicar un espazo público de comunicación que garanta a existencia e o desenvolvemento do Terceiro Sector da Comunicación.

O proceso de constitución legal da ReMC, como se coñece á Rede de Medios Comunitarios polas súas siglas, comezou no ano 2005, cando diversos medios comunitarios reuníronse para analizar a realidade do seu traballo diario, identificar dinámicas comúns e retos. Ao longo destes anos no proceso participaron máis de cen proxectos e colectivos de comunicación social de todo o Estado español, entre radios e televisións comunitarias, proxectos de prensa escrita e Internet.

Rubén Bermejo, de ECO Leganés, emisora comunitaria de Leganés, que forma parte da RemC, entrevista a Mirian Meda, de Radio Ritmo, de Xetafe, elixida presidenta da Rede de Medios Comunitarios.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...