25 de março de 2009

As Linces respostan á Igrexa.

Hei aquí o modelo de lazo que, según as malas linguas, portarán as confrarías da Semana Insán. O certo é que o accesorio vai casarlles ben co resto do atuendo, así que dende Divertimento animamos a tod@s @s cofrades a elixir este modelo para o seu pescozo.

"Se tes un blog ou unha web
coloca o logo, escribe unha nota de resposta á campaña da Igrexa xunto ao logo das Linces que atoparás nesta entrada. Se tes algún perfil dalgunha rede social, substitúe a túa foto polo logo das Linces. Eles poden pagar valos publicitarios, pero nós e nós temos a rede".

Con esta mensaxe naceu hai uns días o blog www.laslinces.blogspot.com promovido pola Red Feminista y Mujeres en Red que pretende "responder de forma contundente á última campaña da Igrexa contra o aborto e defender os dereitos da cidadanía". En poucas horas, esta iniciativa logrou centos de adhesións nas redes sociais de Facebook e Tuenti, e no mundo da blogosfera.

Repulsa

O obxectivo, segundo explícase no blog, é facer notar "a repulsa" cara á campaña contra o aborto iniciada o pasado luns pola Conferencia Episcopal, na que se acusa ao Goberno de protexer máis a vida dos linces que a dos nenos non nados. Por este motivo, o logotipo da nova bitácora é a pegada deste animal en perigo de extinción.

A campaña dos bispos, cuxo cartel publicitario contrapón a imaxe dun lince ibérico coa dun neno gateando, chegou apenas dúas semanas despois de que o Ministerio de Igualdade presentase o informe do comité de expertos que propón unha reforma da actual lei do aborto.

Os expertos plantexan que as mulleres poidan abortar de forma libre dentro das primeiras 14 semanas de embarazo. Ademais, apostan por ampliar ese prazo ás 22 semanas sempre que exista un grave risco para a saúde da nai ou graves malformacións fetales. No caso de que esas malformacións sexan incompatibles coa vida, non existiría límite de tempo para interromper o embarazo.

Ademais das adhesións en Facebook, o blog das Linces encheuse de multitude de comentarios contra a campaña da xerarquía católica, acusada de"demagóxica".

Nestoutro link podes elixir a túa contra-imaxe e engadila ao teu sitio na rede pra contra-informar a campaña dos Obispos: http://www.flickr.com/photos/laslinces/show/with/3372248557/

Info tirada do xornal Público.

Nova Lei de Radiodifusión na Arxentina.

En Arxentina, a presidenta Cristina Fernández, presentou o ante-proxecto de Lei de Radiodifusión. Esta proposta chegará ao Congreso logo de dous meses de debate público.

O novo proxecto de Lei pretende substituír a normativa aprobada durante a última ditadura militar, aínda vixente (a Lei).
A presidenta arxentina invitou á presentación da Lei a uns dous mil cincocentos representantes de medios e profesionais da comunicación.

En diálogo co programa Gato Encerrado de FM La Tribu, o responsable do Comité Federal de Radiodifusión, Gabriel Mariotto, sostivo que a nova Lei buscará "garantir a liberdade de expresión".
O responsable gobernamental de radiodifusión asegurou que a nova Lei recolle os 21 puntos que se esixían desde a Coalición por unha Lei de Radiodifusión da Democracia.

As propostas da Coalición foron elaboradas por organizacións da sociedade civil, profesionais da comunicación e organizacións de radios comunitarias, entre outros espazos.
Agora queda esperar os dous meses de discusión pública da proposta e o proceso de tratamento e aprobación da nova Lei de Radiodifusión no Congreso arxentino.






Texto e audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

18 de março de 2009

Radio Tierra y Libertad, Monterrey México.

En México continúa a represión contra as radios comunitarias. O exemplo claro témolo no caso de Radio Tierra y Libertad, no Estado de Novo León. Unha emisora dun vatio de potencia, con alcance duns catro quilómetros entre asentamentos de clases populares ao oeste da cidade de Monterrey. Esta radio foi fechada o pasado mes de xuño por 150 policías federais, sen previo aviso e comisando os equipos.

Desde entón abriuse un proceso xudicial importante contra esta radio comunitaria. A Procuradoría Xeral da República acusa á radio comunitaria de operar sen concesión legal. Na operación policial detiveron a unha persoa encargada de transmitir o sinal, a cal foi presentada ante o Ministerio Público federal. No local da radio incautáronse dous equipos informáticos, un transmisor, unha mesa de mesturas, tres micrófonos e unha antena.

As autoridades sinalan que a radio comunitaria Tierra y Libertad non cumpriu co establecido na Lei Xeral de Bens Nacionais que estabelece sancións que van de dúas a doce anos de prisión, e multas de 300 a mil veces o salario mínimo a quen use, aproveite ou explote un ben da nación, sen obter a concesión ou permiso, ou celebrado algún contrato coa autoridade competente.

As radios comunitarias mexicanas, pola súa banda, reclaman a regularización da súa actividade. Sinalan que a actividade destas emisoras responde a proxectos sociais, de utilidade pública, sen ánimo de lucro e de participación democrática da cidadanía en medios de comunicación propios. Afirman ao Goberno mexicano que por máis que se empeñe en reprimir este movemento de comunicación social as emisoras seguirán existindo e reclamando o seu dereito a participar no espazo radioeléctrico.

Desde México, o xornalista Javier Solórzano entrevista a Héctor Camero Haro, responsable da emisora Tierra y Libertad, quen conta o peche que sufriron, o proceso xudicial aberto e conta, ademáis, o proxecto da radio comunitaria.




Texto e audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

13 de março de 2009

Divertimento para pequenos monstros 12/03/2009 - Radio FilispiM 93.9 FM

Nesta edición de Divertimento falamos de:

- O primeiro álbum de QUANT, que baixo o título New Adventures in Full Colour, apresentanos unha chea de cancións sustanciadas no pop máis xenial. O disco podédelo mercar, ou "curiosear" pinchando en www.quantweb.tk. No planfetiño que acompaña o cedé hai agradacementos para unha chea de xente de Ferrol, o mundo e incluso outros planetas (dentre deles Rádio FilispiM, dentro de cuxa selección músical non faltan as melodias de Oscar QUANT e compaña).

- Por mór do 17 aniversario de Tas-Tas Irratia, unha das radios libres de Bilbo, falamos desta e máis de Irola Irratia.

- Primeiro aniversario da okupación do centro social autoxestionado, CSA Laboratorio Social As Atochas, en A Corunha. Xa coñecedes deles pola moitas referencias e entrevistas que lles realizamos en Divertimento, Rádio FilispiM. Desta amplificamos o interesante programa de actos para celebrar o primeiro ano da okupazón deste espazo liberado na cidade herculina. Serán dúas semanas de música, teatro, cine e palestras. A destacar o Encontro Aberto de Centros Sociais, previsto para o sábado 14 de marzo de 2009. Máis info en: http://aculturapreokupa.blogaliza.org/

- VI CONSPIRANDO, por unha radio libre. Vai ser no mesmo Inferno (Praza do Inferniño, Ferrol), o xoves "santo" 9 de abril de 2009. Estes do Colectivo Opaíí-Rádio Filispim, andan a procurar a excomuñón. Entre tanto seguen a conspirar. Máis info en www.opaii.blogspot.com

A disfrutar do audio. E, como sempre, podes deixar as túas impresións no apartado "comentarios", ou escribir a radiomonstro (arroba) gmail.com

Descargar o arquivo

VI Conspirando por umha Rádio Livre. Xoves, 9 de abril de 2009. O Inferno, Ferrol.

Este ano estamos preparando para o 9 de Abril, "Xoves Santo", o que pode ser o melhor Conspirando por umha Rádio Livre de todos os tempos.

Seguindo o esquema do ano passado, teremos unha Feira de Colectivos que comezará às 18hs. na carpa que instalaremos na praza do Inferninho de Ferrol (A Corunha-GZ).

Às 22hs. comezará o concerto con tres grupos de estilos bem diferentes, primeiro RETOBATO [Punk-Rock] de Trasancos, depois baixaremos um pouco o volume com ROGER DE FLOR [Pop-Swing], também desde Trasancos, e para rematar a festa: SACHA NA HORTA [Fussiom] desde Compostela.

Escoita a nova/audio producida por Rádio FilispiM:
Descargar o arquivo

6 de março de 2009

Xa está aquí o VI Conspirando por unha radio libre!

Conspirando por unha radio libre. Xa había un ano que non o faciamos. A confraría filispiniana da santa Rádio FilispiM, repite experiencia por sexto ano consecutivo nunha edición que ao igual que pasado ano, volve a rúa, exactamente ao inferno.

Si, o Conspirando vai ser na Praza do Inferniño de Ferrol o xoves "santo" 9 de abril de 2009, a poucos metros dos desfíles procesionais e pola cara. A cuestión é ir dinamitando este Ferrol, barrio a barrio (Fervesteiro xa dinamitan o seu), con saña.

Se as autoridades finalmente non o impiden, baixo unha inmensa carpa e riba dun fantástico cenário tocarán tres bandas: RETOBATO (Punk-Rock), ROGER DE FLOR e amigos (POP-SWING) e SACHA NA HORTA (Fusión).

Na última edición do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, falamos deste e doutros temas de actualidade como son:
- Unha nova radio comeza a emitir na comarca: Radio Reganosa.
- 8 de marzo, día internacional da muller: Manifesto da Marcha Mundial.

En vindeiras entradas e edicións de Divertimento, iremos subministrando máis información sobre esos descerebrados do colectivo Opaii!, gamberros irreverentes que parecen merecer a escomuñón inmediata.

Ficades co audio do programita, que como sempre podedes aniquilar directamente pulsando no reprodutor:
Descargar o arquivo


BOLA EXTRAAA!!!! Hoxe estamos moi punks. Aquí vos vai un video dos ferrolás Retobato, que estarán tocando na VI edición do CONSPIRANDO!!!!

4 de março de 2009

O Foro Arxentino de Radios Comunitarias, FARCO, demanda unha nova Lei de Radio e TV.


O Foro Arxentino de Radios Comunitarias (FARCO) e un grupo de organizacións sociais conforman a Coalición por unha Radiodifusión Democrática.

Esta coalición esixe na Arxentina unha nova Lei de Radio e Televisión. O certo é que a lei vixente é da época da ditadura militar que favorece a idea de que a comunicación é unha cuestión comercial.

As radios comunitarias encadradas en FARCO, presionan ao goberno arxentino para que cambie a lei e promulgue unha nova que recolla as propostas dos proxectos de comunicación social e comunitaria.

A situación neste sentido no Estado español non é menos alagueña. En pleno século XXI, en plena "consolidación democrática", as frecuencias radiofónicas seguen a ser repartidas en concursos públicos aos que non poden concorrer radios que non sexan privadas (en mans de coorporacións) ou públicas (en mans das Administracións, e dicir do propio Estado).

O monopolio e o oligopolio das frecuencias radioeléctricas atentan contra a liberdade de expresión e empobrecen o indispensable pluralismo informativo. Calquer Estado que quixer adxudicarse a condición de "democrático", debera impulsar réximes transparentes e democráticos de adxudicación de frecuencias radioeléctricas que garantan o libre acceso de todos os sectores sociais ás mesmas.

A UNESCO, entre outros organismos internacionais, recoñeceron que as frecuencias radioeléctricas son patrimonio común da humanidade ao igual que o ár ou os océanos. Os estados teñen o deber de administralo en forma equitativa e punto.

Pequen@s monstros, podedes atopar máis info sobre o Foro Arxentino de Radios Comunitarias (FARCO) neste enlace.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...