29 de maio de 2009

Entrevista a nai de Carlos Palomino.

Mavi Muñoz é a nai de Carlos Palomino, o mozo antifascista de 16 anos que foi asasinado no metro de Madrid por Josué Estébanez, un militar profesional español afín ao grupo e partido político ultradereitista Democracia Nacional en novembro de 2007.

Carlos foi apuñalado mentres asistía cos seus compañeiros a protestar pola manifestación contra os inmigrantes convocada polo partido ultradereitista no barrio madrileño de Usera.

O que segue é o vídeo no que Carlos é asasinado.



A seguir, podes ouvir a entrevista a súa nai, quen continúa a loita contra o fascismo. Para iso creou xunto a outras moitas persoas a Asociación de Vítimas do Racismo, o Fascismo e a Xenofobia. O programa A Rexión Perdida, da emisora comunitaria Radio Vallekas, entrevista a Mavi Muñoz.





Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

25 de maio de 2009

VI Sesión Vermú de Rádio FilispiM.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi8sIvAmHOb5_Am5I9TAF9oMXR6o6TaQmMSTWrV8BnsmU4ufWxoJMW9p456HAA1Xlo4m8DeawDAmR6LqNvPLY6YoohuNuuKeG-LURJgeFth9hyphenhyphenf6KdR8q29CzqbRTEp3s-pnxY4EYYMloE/

Rádio FilispiM, presenta a VI Sessiom Vermú.
Con motivo do feche da temporada 2008-2009 de Rádio FilispiM, acontecerá una nova Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán.

A data é o Sábado 30 de Maio, às 12:00hs no Ateneo Ferrolán. A actuación correrá a cargo do cuarteto de cordas El Cubo, que interpretará tangos.

Como novidade, haberá sorteio especial dumha noite numha Casa Rural e um Xantar num Restaurante.

Nom faltedes!! ;)

24 de maio de 2009

Constiuda a Rede Estatal de Medios Comunitarios [ReMC].

A Rede de Medios Comunitarios, REMC, do Estado español, culmina este fin de semana un proceso que durou varios anos para establecer un espazo de coordinación e traballo colectivo, que aínda que xa viña desenvolvendo, agora dá o paso de constituírse legalmente como unha unión de Asociacións con proxectos de comunicación social e comunitaria.

A Rede xa realizou catro encontros, en Madrid, Salamanca, Toledo e Bilbao, e este fin de semana vólvense a xuntar en Madrid para a aprobación de estatutos. A idea tamén é realizar, nos próximos meses, un encontro amplo en Barcelona, para continuar co proceso de adhesións e establecer as liñas de acción prioritarias.

Hai que recordar que a REMC critica duramente que no Estado español "non se reserven espazos no dial radiofónico" para radios alternativas nin haxa "fondos públicos para promover os medios de comunicación sen ánimo de lucro xestionados por cidadáns". Así mesmo, cre que "non se garante" que a cidadanía poida "crear medios en plataformas dixitais ou outros soportes".

Escoita a entrevista a Javier García, da Rede de Medios Comunitarios.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

22 de maio de 2009

Pallasos en Rebeldía dende Palestina, 2da parte.

Divertimento para pequenos monstros despídese desta grella da Rádio FilispiM, coa prometida segunda parte do especial Pallasos en Rebeldía dende Palestina.

Nesta edición ouviredes as crónicas (da número seis á nove) findando así a adaptación radiofónica que delas fixemos e que nos foi achegando Iván Prado dende o máis aló.

No seu sitio http://www.pallasosenrebeldia.org/, elas comentan: "neste novo século... o pallaso ou clown segue a desempeñar un papel protector dos valores sociais máis humanos dentro das estructuras artísticas: a crítica social, o dereito ao riso dos máis desfavorecidos, a superación dos nosos complexos mediante a cura da gargallada son algunhas das aportacións imprescidibles que esta expresión teatral verte a diario en calquera recuncho do noso planeta."

Certo é, pois este proxecto non deixa de sorprendernos coas súas viaxes aos lugares menos favorecidos do noso planeta (Chiapas, Oxaca e mesmo Palestina). Dende Divertimento reivindicamos a conversion dos exércitos en clowns e as o seu armas en malabares e narices vermellas.

Ficades co audio do programa. Lembrade que a primeira parte do especial Pallasos en Rebeldía dende Palestina (cinco primeiras crónicas), o podedes atopar procurando en anteriores entradas procurando nestes mesmo blog.


Descargar o audio


Se vos cadra podemos rematar así:

Where the Hell is Matt? (2008) from Matthew Harding on Vimeo.

Nota: enlaces doutros blogs que falan desta entrada:
http://artabra21.blogspot.com/2009/06/convidamos-que-tomedes-un-pouco-de.html

13 de maio de 2009

Domingo 17 de maio de 2009, manifestación en Compostela, en pé de Lingua!!!


No programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros estivo o pasado 30 de abril de 2009, Carlos Outeiro, integrante da Mesa pola Normalización Ligüística.

No audio que segue nos comenta os detalles da convocatoria de manifestación para o domingo 17 de maio de 2009 (día das Letras Galegas) en Compostela, na defensa da lingua propia da Galiza.

A esta convocatoria, apoiada por numeros colectivos e persoas, acudirán tambén o colectivo Galego Sempre Mais, quen sumará esforzos pola dignificación da lingua propia de Galiza, mais non apoia "nominalmente" a mesma, ao considerala organizada unilateralmente pola Mesa.

Agardamos vernos todas e todos aló, cada quen cos seus lemas mais co mesmo obxectivo.

Descargar o arquivo

10 de maio de 2009

Pallasos en Rebeldía dende Palestina, 1ra parte.

Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego, vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso.

Esta entidade, que se creou en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas, permite ás artes e ao teatro galegos expresar a súa rebeldía en unión directa con proxectos de fraternidade humanitaria.

Así apresentanse na súa web, www.pallasosenrebeldia.org, este colectivo solidario galego que entre o 21 abril e 5 de maio deste ano 2009, levaron o espírito da risa e do clown a Palestina.

Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.

Xa no ano 2002 levouse ao cabo a primeira viaxe á Palestina. Na altura colaborando con Pallasos sin fronteras, o actor e clown galego achegou ao pobo palestino as ferramentas da risa para as e os palestinos poderen afrontar dun xeito diferente a realidade do día a día. Daquela a viaxe foi filmada e realizada posteriormente nun documental por Mikio Tsunekawa, titulado “Media Luna Roja, diario de guerra de un payaso”.

Apoiando o traballo dos artistas galegos andan a Coperactiva Cultural desde Galiza e a Escola de Circo Palestino, os Comités de Traballo para a Saúde, Human Supporters e a Asociación Addameer.

Dende Divertimento para pequens monstros [Rádio FilispiM], libre e comunitaria de Ferrol [GZ],  a xeito de amplificación do traballo que están a fazer Pallasos en Rebeldía, realizamos este humilde traballo que tenta adaptar radiofónicamente as diversas crónicas que fomos recibindo da recente viaxe a Palestina do riso solidario.

Nesta edición oferecémosvos a primeira parte do especial. En posterior entrada colgaremos a segunda metade, coa adaptación do resto das crónicas


Descargar o audio

Nota: as músicas foron tiradas do portal www.oicpalestina.org.

Por orden de aparición, estes son os cretos musicais:
1ª HANI SHAKER - Intifadah Al Aqsa Palestine (primeira metade).
2ª HANI SHAKER - Intifadah Al Aqsa Palestine (segunda metade).
3º ASSALA - Al kubla al oola
4º MAJDA - Er-Roumi Palestine
5º AMAR MURKUS - Hkaye
6º MARCEL KHALIFE – Summer Nights Dream Salutation
7º HANI SHAKER - Infifadah Al Aqsa Palestine

Escolma de imaxes tiradas polos propios protagonistas.

1 de maio de 2009

Divertido maio en Ferrol e na Galiza.

Divertimento para pequenos monstros, na súa última edición vén de amplificar a proposta para o primeiro de maio deste 2009 que nos oferecen os libertarios na Galiza.

Todos eles hanse achegar a Ferrol pra se manifestar, partindo do Espazo Libertario xerado na Avenida de Esteiro.

Con esta manifestazón, xa son tres as convocadas polas diversas forzas sindicais na cidade departamental. Quen sabe, cecais o vindeiro primeiro de maio sexa o da "conxunción interestelar" definitiva. No estudio da Rádio Filispim, Xabier, militante cenetista, conta os detalles da convocatoria.

Ademáis, ao través do teléfono, Carlos Outeiro, integrante da Mesa pola Normalización Ligüística, comenta os detalles do manifesto e convocatoria de manifestación, para o vindeiro 16 de maio (día das Letras Galegas) en defensa da lingua propia da Galiza.

Algunhas notas sobre a nosa actualidade máis "rabiosa" e muita boa música completan o Divertimento do pasado 30 de abril de 2009.

A disfrutar do audio, e lembrade que sempre gostamos das vosas suxestións en radiomonstro (arroba) gmail.com ou mesmo neste blog. Saúde, monstros!!!!

Descargar o arquivo
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...