26 de xuño de 2008

Festival de Músicas do Mundo (FMM) de Sines.

O Festival Músicas do Mundo de Sines (FMM) chega á súa décima edición, apresentado o programa máis extenso da sua historia. A cita é do dezasete ao vinteséis de xullo de 2008.
Serán corenta espectáculos e iniciativas paralelas repartidos por catro palcos montados na vila de Porto Covo e na pequena cidade de Sines, espallados en: Centro de Artes de Sines, Avenida Vasco da Gama... e un Castelo!

En relación a 2007, as principais novidades son o un potenzamento da parte do programa que se fai no Centro de Artes, ao pasar a haber tamén concertos nocturnos na zona exterior, e a inclusión
na madrugada dun segundo concerto de música xunto á praia, na Avenida Vasco da Gama, no propio Sines. O pai do rock chinés, Cui Jian, a diva da música indiana, Asha Bhosle, o grupo seminal do movimento hip hop, The Last Poets e os galegos Maful e Serralhe Aí!!! (de Ferrol!), son algúns dos destaques do programa.

Os concertos e actividades serán a todas horas e durante todo o festival. Algúns deles son de pago (5 e 10 euros), mais tamén os hai de balde. Aqueles de pago no Castelo, pódense seguir dende o exterior ao través das pantallas xigantes que a organización instala. O bon ambiente na vila durante estes días, pese a afluencia de público é moi tranquilo e nada masificado. O bo xantar, a Sagres (ou Super Bock) a muito bon prezo, axudarannos a supervivir.

O marco donde se desenvolve o festival e as multiplas actividades é incomparábel: Sines, Porto Covo... ummmm!. As praias do entorno (unha pasada!), lembran muito as das nosas costas: salvaxes e muito ben coidadas. Os parques de campismo son unha boa alternativa pra seguiren en contacto coa natureza e economizar. Iso si, cómpre ser previsora e tentar reservar e informarnos dos que temos pola zona.
Sines é unha pequena cidade encantada (co seu Castelo!) a 163 km de Lisboa, ao sul, no distrito de Setúbal, rexión do Alentejo, con perto de 12.500 habitantes. Posúe dúas freguesías: Sines e Porto Covo. Viches Sines dende o satélite?

É berce do grande navegante Vasco da Gama, mais tamén de xente marabillosa que farán da túa estancia aló algo certamente especial. Xa se sabe que entre Galegos e Portugueses temos muito en común. Na idade media, o norde de Portugal e a Galiza eramos unha mesma terra: Gallaecia. Mesmo, na Europa de hoxe en día, constituimos unha mesma eurorrexión. Que dicer da nosa lingua:o vencello entre o galego e o portugués é indiscutíbel. Máis de 200.000.000 millóns de persoas falan o galego-portugués no mundo, estados coma:
Angola, Brasil, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Moçambique, Portugal e São Tomé e Príncipe. Cada quen co seu sotaque, mais todos polo mesmo universo.

Dende o ano 1999, no que o festival acolle a 7000 expectadores, até o 2007 no que acolle 80.000, teñen pasado moreas de artistas procedentes dos cinco continentes: Omar Sosa (Cuba), Brigada Victor Jara (Pt), Hedningarna (Suecia), Kronos Quartet (EUA), The Skatalites (Jamaica), Tom Zé (Brasil), Trilok Gurtu Band (India), Varttina (Finlandia), Rao Kyao (Pt), Sr Coconut (Chile/Alemaña), La Etrure Criminale Banda (Italia), Jacky Molard (Bretaña)... e incluso Femi Anikulapo Kuti, o fillo de Fela Kuti, ao que lle adicamos un especial neste mesmo caderno. Podes consultar a relación completa de artistas que pasaron polo FMM de Sines, aquí.

O Pequeno Monstro foi testemuña da boa organización e do inmellorábel cartaz do pasado FMM de Sines 2007, do xantar, da cervexa e das praias. Aquelas cuestións que consideramos mellorábeis (aproveitamento do exterior do Centro de Artes de Sines para pequenas actuacións, e participación de grupos da Galiza) son xa unha realidade na actual edición. Así, achamos que a organización se esforza por fazer deste estupendo festival, unha cita ineludíbel para o quen o visita por vez primeira.
Este verán volvemos a Sines, a respirar. Xa estamos na procura dun sitio na terra de nós (tambén) que recolla os nosos corpos rebentados de tanta ledicia. Desta, realizaremos unha resportaxe audio-visual, con entrevistas e escenas do máis grande e (descoñecido aínda por estes lares) festival de músicas do mundo. Seguiremos informando. Ficamos co video oficial presentación do FMM Sines, 2008.

22 de xuño de 2008

As zambas do Che.

Hai 40 anos, nos catro pontos do continente Americano, nacía á vez a Nova Canción Latinoamericana. Grupos e solistas xenlleiros coma Los Folkloristas, Inti Illimani, Silvio Rodríguez, Pablo Milanés, Chico Buarque, Caetano Veloso e Gilberto Gil, daban a nota coas súas innovadoras propostas.

Ao tempo, tamén hai 40 anos, un
nove de outubro de 1967, Ernesto Che Guevara é asasinado en Higuera. O Che enfrentado tanto ao capitalismo coma ao comunismo ortodoxo, está a piques de se converter nun heroe dos novos grupos da esquerda que xurden na década de 1960. Convencido de que a revolución era a única solución posíbel para acabar coas inxustizas sociais existentes en Latinoamérica, en 1954, marcha a México, donde se une ao movimento 26 de xullo, grupo integrado por revolucionarios cubanos exiliados ás ordes dun tal Fidel Castro.

Mais volvamos ao noso, pequen@s monstros, que esa historia xa a coñecen. Daquela todo se facía dende o afecto, a creación musical e o compromiso político da Esquerda. Os discos viaxaban coa amigos e os recitais eran pola solidariedade e difusión do que outros facían de Ecuador a Chile, de Cuba á Arxentina, e de Brasil a Bolivia. Descubriron que o folklore é un elemento de luita social, que está ligado ás tracidicións e intereses populares. Hoxe en día, na radio, probablemente non atoparás unha mísera interpretación folklórica, pois son outros ben distintos os intereses das discograficas e as súas difusoras.

A estas alturas do artículo os meus pequen@s monstros, deben de estar flipando por cores e preguntándose "de que vai este Divertimento?". Pois ben, apreséntovos dúas Zambas (ritmos tradicionais arxentinos) e aos seus creadores. Prestade atención, pois soen confundirse. Imos deixar ben claro, en que momento da historia foron compostas e que seres humáns protagonizaron cada unha delas. Como denominador común: a figura do Che Guevara .

Zamba nº 1: Zamba do Che.

Hamlet Lima Quintana naceu o 15 de setembro de 1923 en Morón, no oeste do Gran Bos Aires. Dende os seus primeiros anos a poesía e a música estiveron vencelladas a súa vida cotiá. O seu pai escribía poesía, tocaba a guitarra e o piano, oao igual que a súa nai. É autor de máis de 400 cancions coa colaboración de destacados compositores, as súas míticas La amanecida (1961) e Zamba para no morir (1965) marcaron una postura distinta fronte ao folklorismo costumbrista e meramente descriptivo daquela época, polo que integrou o Movimento do Novo Cancioneiro xurdido en Mendoza en 1963. Foi un artista integral: poeta, cantor, músico, pintor.

A súa Zamba para no morir, é coñecida en Bolivia e outros lugares de America latina coma la Zamba del Che porque era a preferida do guerrilleiro e porque con ela acompañaban aos combatentes mortos.

Ademáis, Hamlet Lime, escribiu a cantata Che-Diario del regreso, con música de Oscar Cardozo Ocampo e interpretada por Jairo estreada en xuño de 2000 en Santa Clara (Cuba), no Memorial que garda os restos de Ernesto Guevara. O soño da zamba para no morir faciase realidade.

Militante do Partido Comunista, tivo unha intensa vida política e comprometida cos DDHH e as luitas populares. En 1976 foi integrante da Comisión Directiva da SADE, e junto Roberto Santoro (máis tarde desaparecido pola dictadura militar), Elías Castelnuovo, Vicente Zito Lema, David Viñas –entre outros- luitaron pola aparición con vida dos escritores desaparecidos Haroldo Conti, Antonio Di Benedetto, Alberto Costas, Oscar Barros, e moitos máis. Ofereceu recitais en Uruguay, Perú, México, Cuba e España, a donde marchou tras a prohibición e as repetidas ameazas da dictadura militar. Aínda así, volveu ao seu país, porque quería ser protagonista da historia.

Hamlet Lima Quintana, o
autor da letra Zamba para no morir, a canción favorita do Che, faleció en Bos Aires aos 78 anos o 21 de febreiro de 2002. Os intensos versos desta peza foron extraordinariamente musicados por Norberto Ambrós e Hector A. Rosales.

Zamba nº 2: Zamba para o Che.

A Zamba para o Che, foi escrita en novembro de 1967 por Rubén Ortiz Fernández, adicada ao Che, no ano do asasinato do guerrilleiro. Victor Jara chegaría a popularizala en anos sucesivos. Uns anos máis tarde
, Víctor Jara convirtiriase nun referente internacional da canción reivindicativa e de cantautor ao ser torturado e asasinado no antiguo antiguo Estadio Chile, polas forzas represivas da dictadura de Pinochet, que derrocou ao lexítimo goberno de Salvador Allende, o 11 de setembro de 1973.

Nas propias palabras do autor da peza, Rubén Ortiz, "
a miña composicón transmitía a tristura dunha zamba arxentina, a pesar de non ser unha zamba clásica, pois lle falta unha repetición. Un día tocamos e o ex embaixador de Bolivia, Mario Guzman, estaba de espectador no noso concerto, achegouse e comentoume que quería darme uns datos clandestinos da morte do Che, ‘él morreu no pobo de La Higuera, a xente ten comezado a levar ofrendas florais ao redor da escola donde o asasinaro e o chaman San Ernesto de la Higuera’, así incluiu esa estrofa á Zamba del Che ".

Pois esto é todo, pequenas e pequenos monstros. Interesante eh!. Pra findar quedades coas dúas zambas: a adicada a ele, máis a súa favorita, a que tantas veces escoitou emocionado en homenaxe aos compañeiros caídos na luita contra os de sempre. Sirvennos de banda sonora fugaz a esta pequena pero intensa lembranza á dignidade na América Viva, grazas a todos eses marabillosos seres humáns que, de cando en vez, aparecen e deixan semente.


13 de xuño de 2008

Fela Kuti, o monstro do afrobeat.

Pequenas e pequenos monstros, teño ou prazer de vos apresentar a un dous mellores músicos do planeta: Fela Anikulapo Kuti. A súa vida é tan intensa coma as súas composicións, tremendos mísiles afro. Nestes días andamos a lembrar vos mellores momentos de Divertimento, na xa findada grella (07/08) de Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Fela Kuti naceu en Abeokuta, Nixeria nunha familia de clase media. A súa nai, Funmilayo Ransome-Kuti, era unha activista do feminismo e do movemento anti-colonialista, mentres que o seu pai, o reverendo Israel Oludoton Ransome-Kuti, foi o primeiro presidente da Unión de mestres nixerianos e un talentoso pianista.

En 1958 mudouse a Londres para estudar Medicamento pero cambiou de plans e anotouse no Trinity College of Music. Unha vez comezados os seus estudos musicais formou unha banda chamada "Koola Lobitos", que tocaba Afrobeat, estilo inventado por Fela Kuti que sintetizaba a música do oeste de África co jazz máis clásico.

En 1961 Fela casou coa súa primeira esposa, Remilekun (Remi) Taylor, con quen tivo tres fillos (Femi, Yeni e Soa). En 1963 Fela mudouse a Nixeria e volveu formar a disolta banda Koola Lobitos, mentres que comezou a traballar como produtor radial. En 1969 Fela levou á banda a Estados Unidos, onde descubriu ao movemento Poder negro e ao Partido das Panteras Negras que o influenciou radicalmente na súa música e na súa visión política; rebautizó á súa banda como Nixeria 70. Debido ao seu activismo, a oficina de inmigración de Estados Unidos comezou os trámites de deportación polo que Fela Kuti e a súa banda, rebautizada África '70 retornaron a Nixeria.

Unha vez no seu país, Fela creou Kalakuta Republic, unha produtora musical cooperativa, onde os activistas que buscaban a independencia adoitaban reunirse. No Hotel Empire inaugurou un club nocturno no cal tocaba regularmente.

Na década de 1970 decidiu comezar a cantar en inglés para que a nación africana, onde se falan multitude de idiomas, puidese comprender a súa mensaxe política. A súa popularidade creceu e comezou a sufrir persecucións oficiais por mor das súas ideas políticas. En 1974 a policía intentou involucralo nun asunto de drogas plantando marihuana nas roupas de Kuti, foi encarcerado pero cando lle fixeron a análise fecal logrou darlle á policía as feces doutro detido que non consumira drogas e logrou saír de prisión; a historia foi contada moitas veces e editou un disco no que quedou gravado para sempre Merda cara (Expensive Shit).

En 1977 Fela e África 70 lanzaron un dos seus discos máis exitosos Zombie, un ataque directo aos soldados nixerianos, utilizando o termo zombie para referirse metaforicamente aos métodos do exército. O disco foi tan exitoso que o goberno lanzou diversos ataques en contra da banda, con redadas e ataques armados á cooperativa Kalakuta Republic; nun deles 1.000 soldados atacaron a cooperativa e Fela foi ferido gravemente e a súa avoa de 82 anos foi lanzada por unha fiestra, o que lle ocasionou a morte. O estudo foi destruído totalmente e alí tamén desapareceron centos de gravacións orixinais.

En 1978 Fela casou con 27 mulleres, moitas delas cantantes e bailarinas, conmemorando o aniversario do ataque a Kalakuta Republic. Ese ano estivo marcado por dous concertos recordados, o primeiro en Accra no cal unha redada irrompeu durante o espectáculo no momento en que Fela Kuti tocaba "Zombie" e foi expulsado de Ghana. O segundo foi no Festival de Jazz de Berlín, tras o cal foi abandonado por todos os seus músicos polos rumores que dicían que Fela usaría o diñeiro recadado para iniciar a súa campaña electoral con miras ás eleccións presidenciais en Nixeria.

Formou o seu propio partido político, ao cal chamou "Movemento do pobo". En 1979 postulouse para presidente na primeira elección en máis dunha década, pero a súa candidatura foi rexeitada. Neses momento creou unha nova banda á que chamou "Egypt 80" e continuou gravando discos e realizando xiras polo seu país. En 1983 postulouse novamente para presidente, e outra vez sufriu a persecución policial e foi encarcerado baixo o cargo de contrabando. Tras 20 meses en prisión foi liberado cando cambiou o goberno, e Fela divorciouse de 20 das súas esposas. En 1986, Fela actuou no estadio dos Xigantes de Nova Jersey no marco dos concertos de Amnistía Internacional compartindo o escenario con Bono, Carlos Santana, e The Neville Brothers. En 1989 lanzou o disco "Bestas sen nación" no que atacou duramente a Margaret Tatcher, Ronald Reagan e ao goberno militar de Nixeria.

Na década de 1990 a súa actividade comezou a minguar e deixou de lanzar discos. Unha onda de rumores sobre a súa posible enfermidade e a súa negación a ser tratados alagou aos medios nixerianos. O 2 de agosto de 1997 foi anunciada a súa morte en Lagos, Nixeria. Tempo máis tarde difundiuse que morrera dun ataque ao corazón causado pola súa infección co Virus da Inmunodeficiencia Humana VIH, aínda que os seus seguidores aínda declaman que morreu polos reiterados ataques que sufriu desde o goberno de Nixeria ao longo de 20 anos de activismo político en pos dunha África socialista e libre. Foi enterrado enfronte da súa casa en Ikeja o 12 de agosto de 1997. Durante o enterro, o seu fillo Femi tocou un só de saxofón na súa homenaxe.

Durante a súa vida tivo que declarar 356 veces fronte a un tribunal de xustiza e foi detendio e encarcerado pola policía 4 veces.

O estilo musical que fundou Fela Kuti foi o Afrobeat, que é esencialmente unha fusión entre jazz, funk e cantos tradicionais africanos. Caracterízase por ter unha sección rítmica, un traballo vocal e unha estrutura musical africana máis o agregado dunha sección de ventos proveniente do jazz e do funk.

As letras sempre tocaron temas sensibles aos dereitos humanos e as loitas pola liberación dos pobos oprimidos, cun estilo chamado "pregunta e resposta" no cal un coro responde ás palabras da voz principal.

A maioría das cancións de Kuti esténdense por máis de 10 minutos, algunhas chegan ata a pasar a media hora. Quizais, esa sexa unha das razóns polas que Kuti non foi un artista popular fóra de África. Antes de cantar en inglés, Kuti adoitaba cantar en Yoruba, unha das 200 linguas existentes en Nixeria.

Fela Kuti foi un multi-instrumentista capaz de tocar máis de dez tipos de instrumentos, entre os que se destacan o saxofón e os teclados, pero tamén trompetas, frautas, guitarras e instrumentos de percusión diversos. Unha vez que Kuti gravaba un tema xamais volvía interpretalo nun espectáculo ou nalgún outro disco xa que dicía que o artista debe crear arte e non repetilo.

En toda a súa carreira gravou 77 discos.

Pequenas e pequenos monstros, con tod@s vós, Fela Kuti:

9 de xuño de 2008

Programa especial producido por Rádio FilispiM, cubrindo a manifestación contra Reganosa.

Programa especial de Rádio FilispiM
cubrindo a manifestación do 8 de xuño en Ferrol (A Coruña - Galiza)
en defesa da Ria contra as novas ameazas da PRANTA DE GAS REGANOSA

Podedes escoitalo en diferido:
Martes 10 de xuño ás 16:00 h
Sábado 13 de xuño ás 11:00 h
Domingo 14 de xuño ás 20:00 h
no 93.9 da FM

Ou descargar os audios:
Programa especial completo de Rádio FilispiM - Descargar [115MB]
Intervencións e Manifesto - Descargar
[15MB]

5 de xuño de 2008

O Pequeno monstro marcha coas FARC-EP.

Música Fariana. Anacen os cantos guerrilleiros, e así marcha Divertimento para pequenos monstros, até a vindeira grella filispiniana.

Divertimento, despídese desta grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM, até o mes de outubro de 2008. Durante este tempo descubrimos novos ritmos cos que cubrir a parte musical do espazo radiofónico. Agora, dende este caderno, lembramos algún dos mellores e máis intensos momentos daqueles programas. É o caso da música fariana, que ocupou dous especiais do noso tempo na radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol.
A historia revolucionaria en todos os países ten os seus propios cantos. A luita das FARC-EP cumpre, neste 2008, 40 años. A situación política, económica e social e mesmo a luita revolucionaria en Colombia, son motivo de inspiración, para compositores, poetas e escritores.

Na época dos anos sesenta e setenta, se cantaron en Colombia muitas cancións, donde se reclamaba ao sistema polas inxustizas sociais. Isas inxustizas non mudaron, se agravaron por mor das políticas económicas e socias, fundamentalmente, a aplicación do neoliberalismo, que cada día sume a mitos pobos, na máis fonda das miserias.

Os cantos farianos, permitiron a estas culturas, explicar de xeito claro, a plataforma política, as súas propostas de organización, visualizar a inxustiza social e convidar a todos os sectores, sobre todo a los populares, a vincularse a súa luita, até acadar a Colombia xusta soberana e en paz que reclaman.

Dende as mesmas trincheiras da súa luita, sacando un pouco do tempo que ocupan as súas tarefas tareas e sin violar a disciplina dos campamentos militares, nacen as cancións guerrilleiras. Saben, ademáis, que a canción revolucionaria é un arma máis no seu proceso de de cambio, e que por este medio poden tocar los problemas máis críticos que padece o seu pobo.

En moitas ocasións os compositores farianos cantan ao campesiñado e o seu dereito a terra, á falla de vivendas, a falla de centros de saúde e atención médica para as maiorías do seus pais, á falla de educación e oportunidades á falla de educación e oportunidades de traballo, ao respeito ás comunidades indíxenas e a súa cultura, ao dereito dos nenos e nenas, as mulleres e vellos. Todos estos temas son materia prima para a inspiración guerrilleria.

O que fai atractiva e única á música fariana, é que está realizada polos propios homes e mulleres integrantes das FARC-EP (Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exercito do Pobo), un grupo de compositores e non menos avezados intérpretes, que dende as distintas rexións e con diferentes aires musicais, expresan o que sinten.

Todo comenzaou cando a finais dos anos oitenta, a dirección desta organización, tomou a decisión de realizar un traballo discográfico que se denominou "Mensaje Fariano"e posteriormente, se realizaron varios traballos, cuxa recompilación xa suman quince discos, entre os que hai vallenatos, tropicales, porros, llaneros e outros aires máis actuais, coma o rap.

Contan cunha dirixencia que apoia todo lo que sexa expresión cultural do pobo e iso é precisamente a canción guerrilleira fariana, un xeito ledo de exteriorizar a súa inconformidade co sistema. Pero que leva impreso o sentir do guerrilleiro, o máis alto sentimiento de amor polo pobo e a rebeldía propia de quen toma as armas, para defender a vida e dignidade do seu pobo.

Cada canción guerrilleira, é un discurso político que chega a un sector moi grande da poboazón colombiana e a muitos outros sectores a nível internacional, este mecanismo que fai parte da combinación das formas de luita, que leva un selo de clase, permitíulles fazer denuncias sobre o verdadeiro propósito do mal chamado Plan Colombia, sobre o matrimonio dos militares e paramilitares...

Algúns deste guerrilleiros, tambén compositores, teñen sido asasinados, precisamente polos paramilitares e membros da policía, como é o caso de Juan Polo, alias César Pollerin, quen deixou para aos farianos o legado das súas canciones e o optimismo contaxiante en cada canto.

Guillermo Enrique Torres, alias Julián Conrado, un dos pioneiros e o máis prolífico dos compositores farianos, foi asasinado no mes de xaneiro de 2008, xunto con Raúl Reyes, comandante das FARC-EP. Julián Corrado deixa un interesante e recoñecido pola crítica legado musical, chegando a gravar sete discos. Foi compositor e cantante dos vallenatos revolucionarios que enchían a grella musical de Radio La Voz de la Resistencia, a emisora fariana que na que el mesmo programaba.

Dentre os nomes propios da música fariana, que aínda están en activo, destacamos a Cristián Pérez, quen creceu como compositor e cantante na guerrilla, Camilo Vargas, outro das promesas, Germán Martínez o llanero, quen ao son da arpa e un cuatro, fai vibrar á guerrilleirada do Llano.

Outros músicos son, Jaime Bernardo intérprete e compositor estivo presente na meirande parte dos traballos musicais farianos, compositores coma Jairo Padilla e Prudencio Arijuna e o conxunto Los Compañeros de las FARC-EP, dos que poidemos escoitar a súa música en Divertimento para pequenos monstros, e que desbordan alegría en cada traballo con absoluta profesionalidade; deles non deixen de escoitar esa absoluta marabilla que é o tema "La expedición". Así, coma outros compositores que dende a sombra se fixeron presentes na canción fariana.

A música fariana, forma parte dun legado oculto polos medios de comunicación de masas, pois a todas luces é políticamente incorrecto, por iso nos interesa aos pequenos e pequenas monstros. Nos enlaces a páxinas de interese que tendes na columna da dereita, atoparedes sitios onde surtiros e afondar destes ritmos. Ademáis, nas propias verbas do grande Julian Conrado: "se permite a reprodución, piratéalo, fai con isto o que queiras".

Pequenas e pequenos monstros, marcho coas FARC-EP. Se alguén amosa estrañeza pola miña decisión, que esculque na afoto que abre este artículo.

Findamos cun dos grandes. Con todos vós, Julián Conrado:
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...