24 de novembro de 2008

Amy Goodman galardoada pola súa labor en Democracy Now!

A xornalista estadounidense Amy Goodman foi galardoada por fundar e conducir o programa de noticias de radio e TV Democracy Now! -Democracia Agora!-, co premio Right Livelihood 2008, coñecido tamén coma o Nóbel Alternativo e recibirá o premio no parlamento sueco en decembro de 2008.

Como sabedes, Rádio Filispim, 93.9 FM, inclúe nos
informativos da noite (de 22:00h. á 22:45) o audio en castelán desta outra visión da actualidade dende os propios EEUU.

O programa, Democracy Now!, é un exemplo dun formato innovador no xornalismo político e independente que leva á sociedade voces alternativas á corrente dominante nos medios, "voces que a miúdo son discriminadas", di a Fundación Right Livelihood na súa páxina en Internet.

O que segue é unha entrevista tirada do portal de internet DW-WORLD quen atopou á xornalista no seu departamento en Nova York.

DW-WORLD: Como influenciará este premio o seu traballo?

Amy Goodman: Estou tan emocionada, sinto que é unha gran honra para "Democracy Now!", porque chamará a atención sobre o que é o poder dos medios como forza para a paz e reforza un medio que constrúe pontes entre comunidades, no canto de ser o avogado de quen bombardean esas pontes.

Que é o que a motivou a iniciar Democracy Now!?

Comezamos "Democracy Now!" fai 13 anos no medio doutro ano electoral, en 1996. Agora estamos no 2008 e probablemente ante a máis importante elección da historia de Estados Unidos. A idea era facer escoitar aquelas voces de movementos de base, esa xente cuxas decisións pesan, non a un alto nivel pero os que se están organizando nas súas comunidades, os que son a verdadeira forza social en Estados Unidos e noutros países do mundo.

Nas súas transmisións de onte fixo vostede un comentario crítico sobre a crise financeira e sobre como os grandes bancos e as compañías financeiras necesitan ser rescatadas con diñeiro dos contribuíntes, cando estes non teñen nin voz nin voto nestas decisións, cal cre vostede que é a lección desta crise financeira?

A historia desta crise é a historia do rescate dos máis ricos de Estados Unidos por parte daqueles que non teñen diñeiro, a xente máis pobre, a xente que perdeu as súas casas pola crise inmobiliaria. É esta a xente que tería que ser rescatada, iso demostra quen ten o poder neste país, pero hai unha forza máis poderosa e é a que detentan todos aqueles que actúan unidos na defensa dunha sociedade máis xusta.

Como cre vostede que esta crise afecte as eleccións estadounidenses?

Ambos os candidatos chegaron a un mutuo acordo, ambos reciben millóns de dólares de Wall Street. Ambos teñen asesores que están profundamente inmersos nesta catástrofe global, son parte do motor. Desafortunadamente ningún diferénciase realmente do outro, así que non é unha verdadeira elección entre dous candidatos que ofrezan distintas alternativas para sacar adiante a economía.Que clase de consecuencias cre vostede que teña esta crise a longo prazo en Estados Unidos?

Aqueles que malgastaron millóns de dólares son os que son agora rescatados por xente que traballa duro en todo o país. Temos que botar unha mirada crítica ao noso sistema económico. Como é posible que as regulacións sexan feitas ao carón para que puidésemos chegar ao momento no que estamos agora?. Agora todo depende de como respondan os movementos sociais e a rúa a Wall Street.

O seu programa é traducido ao español e é escoitado de numerosos países en América Latina, en Estados Unidos e en Europa como se explica o éxito do seu programa?

A xente está famenta de voces independentes en todo o mundo. Estamos experimentando unha concentración dos medios en mans duns cantos magnates e a pesar de que hai miles de canles, hai cada vez menos variedade de opinións. Nese sentido "Democracy Now!" é única porque presenta esa gran diversidade de opinións que caracterizan a unha sociedade democrática no canto de ir a ese pequeno círculo que sabe tan pouco sobre moito, que lla pasa explicándonos o que pasa e confúndeno todo. Eu vexo aos medios como unha xigantesca mesa de cociña ao redor da que nos sentamos todos e discutimos as principais noticias do día. Guerra e paz, vida e morte, e se non pode ser así, iso é unha distorsión da sociedade democrática.Amy, hai algo que quixese vostede engadir?

Só me gustaría animar aos seus lectores a sintonizar "Democracy Now!".

Eva Usi
WORLD.DE

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentando das vida ao blog. Adiante!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...