24 de outubro de 2008

O Parlamento europeo vén de recoñecer a laboura dos medios de comunicación comunitarios.

O Parlamento europeo vén de recoñecer o aporte dos medios comunitarios e pide recoñecemento legal e medidas de apoio para o terceiro sector da comunicación.

Trátase da primeira resolución da Unión Europea que se adica específicamente aos medios comunitarios.

A resolución do Parlamento Europeo non é vinculante pero é un importante apoio para os medios comunitarios xa que a Resolución recoñece a labor que desempeñan estes medios e o seu aporte á pluralidade e por outra banda pide aos Estados da UE, o seu recoñecemento legal e medidas de apoio.

Esta resolución é de especial importancia en diversos países da UE ou en proceso de incorporación donde non se recoñece legalmente aos medios comunitarios e se dificulta o seu acceso ao espectro radioeléctrico (países da Europa do Este, ou mesmo o caso do Estado español).

O contido da resolución sinala que os medios comunitarios (denominados coma "terceiro sector da comunicación") son un medio eficaz de fortalecimento da diversidade cultural e lingüística, a inclusión social e a identidade local, promoven o diálogo intercultural, contribúen a acadar o obxectivo de mellorar a alfabetización mediática dos cidadáns mediante a súa participación directa na creación e a difusión de contidos, contribúen a reforzar o pluralismo dos medios de comunicación e fomentar a participación ciudadá no discurso público.

O Parlamento Europeo pide á Comisión e aos Estados membros que teñan en conta a Resolución á hora de definir nas súas normativas os medios do terceiro sector coma medios sen ánimo de lucro, responsábeis ante a comunidade e abertos á participación da comunidade.

Ademáis recomenda aos Estados membros que dean reconoñecemento legal aos medios do terceiro sector da comunicación (TSC) que apoien máis activamente estos medios e que "poñan ao dispor o espectro de frecuencias, analóxica e dixital, de radio y televisión, tendo en conta que o servizo prestado polos medios do terceiro sector da comunicación (TSC) non se van evaluar en termos de custe de oportunidade ou xustificación do custe de adxudicación do espectro, senón polo valor social que representa".

*Organismos europeos cada vez máis interesados nas políticas de comunicación dos estados membros*
A problemática dos medios comunitarios e as posibilidades que oferecen, comezan a estar na axenda dos organismos internacionais. Durante 2007, a Comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo, encargou un estudo sobre o Estado dos Medios Comunitarios na Unión Europea.

Tamén está tendo a repercusión a Declaración conxunta sobre a diversidade na radiodifusión adoptada o 12 de decembro de 2007 polos Relatores da Liberdade de Expresión. Pola súa banda o Consello de Europa remata de publicar un informe sobre o Rol dos medios comunitarios na promoción da cohesión social.

Otros temas que estar a suscitar interés nos organismos internacionais son: en los organismos internacionales son:
- Pluralidad y diversidad de medios.
Tanto o Consello de Europa coma a Comisión Europea (UE) veñen de realizar estudio
s recollendo a situación nos Estados membros.

Ademáis o Parlamento Europeo aprobou recentemente unha Resolución sobre a concentración e o pluralismo dos medios de comunicación na Unión Europea. En concreto a 2007/2253(INI))
- Organismos independientes do audiovisual.
A Directiva de Servizos Audiovisuais obriga a todos os estados
membros a contar (antes de 2010) cunha Autoridade independente que se encargue de velar polos contidos televisivos. O Consello de Europa ven de emitir diversas Recomendacions e Declacións chamando aos Estados a contar con organismos independientes.






Nota: información facilitada por AMARC-Europa (Asociación de Radios Comunitarias-Europa.) Traduzón Pequeno monstro. Audio: rede Más Voces

22 de outubro de 2008

I Congreso Europeo de Mulleres e Radios Comunitarias.

A pasada fin de semán estivo protagonizada polo movimento das mulleres. Se en Vigo a Marcha Mundial das Mulleres convocaba as mulleres máis activas de todo o planeta, en Madrid, o Centro Cultural Conde Duque, acollía o I Congreso Europeo de Mulleres en Radios Comunitarias.

A cita non só estaba programada para as radialistas, senón que bastaba con ter interese en temas de xénero e comunicación. As compañeiras radialistas de Radio Vallekas, e o conxunto das mulleres integradas na URCM (Unión de Radios Libres e Comunitarias de Madrid), desenvolveron o traballo de organización, ademáis das compañeiras do programa de radio Nosotras en el Mundo que, por certo, podedes ouvir en Rádio FilispiM, coma un dos programas de produzón allea, que a libre da Terra de Trasancos redifunde.
Máis de 70 comunicadoras e periodistas de radios comunitarias da Irlanda, Franza, Suecia, Austria, Italia, Suiza, Alemaña e o Estado español, así coma organizacións de mujeres, xuntáronse en Madrid no primeiro Congreso Europeo de Mulleres en Radios Comunitarias.
Foi un encontro sen precedentes na Europa, cuxo obxectivo foi o intercambio de experiencias de comunicación, debater e analisar como as radios comunitarias poden potenciar xunto coas organizacions e movimentos de mulleres, a súa incidencia política e social no contexto local, estatal e global ao través de modelos de comunicación non sexista.
Un especial tempo de reflexión estivo adicado ao "Dereito á Comunicación" coma unha ferramienta para a igualdade e o contexto lexislativo no que se atopen as radios comunitarias, dende un punto de vista de xénero.

As políticas de xénero; a incidencia política das voces das mulleres mulleres; a radio comunitaria coma ferramienta de empoderamiento e a construcción de pontes de comunicacións coas mulleres do mundo, foron outros dos eixos temáticos dese congreso.
Entre as expertas que interviron coma ponentes estacamos a Sally Burch, directora executiva da Axencia Latinoamericana de Información (ALAI), especialista no tema de comunicación e novas tecnoloxías; Lourdes Muñoz de Santa María, deputada do grupo socialista, portavoz da Comisión de Sociedade da Información e vogal da Comisión de Igualdade; Geneviève Teyssier, Vicepresidenta do Sindicato Nacional Francés de Radios Libres, Begoña San José, Secretaria do Forum de Política Feminista no Estado español e Margaretta D'Arcy, dramaturga e pacifista irlandesa fundadora de Radio Pirate Woman.

Esto é todo pequen@s monstr@s. Ficades cun audio producido pola rede Mas Voces, coa análise e balanzo final do Congreso. Por certo, os reportes de Más Voces podédelos escoitar diariamente nos contrainformativos que tres veces ao día emite Rádio FilispiM, 93.9 FM en Ferrol (Galiza).


Hala! monstros, a pinchar a outro lado!

21 de outubro de 2008

Boy Elliot de planeta en planeta e toco porque me toca.

Lembrades ao fenés Boy Elliot, quen ía representar aos galegos e as galegas no festival de músicas minorizadas que este ano se celebrou en Laponia?

Pois así foi. Celebróuse o pasado sábado aló, na Laponia. Parece de coña, pero foi así. Testemuñas de excepción foron os da Radio Galega Música que retransmitiu o evento en directo.

Nós, a quinta feira, tentamos ter en directo ao Daniel Alonso (nome verdadeiro de Boy Elliot) para o programa Divertimento para pequenos monstros, de Rádio FilispiM. Mais andaba xa procurando o fenés o vó cara París, e as comunicacións nas pontes aéreas, como que non. Aínda así, intercambiamos un par de sms, e aproveitamos pra desexarlle muita sorte no máis aló.

Da propia retransmisión que fixo a Rádio Galega Música, esta tirado o seguinte audio, que os Boy Elliot and the Plastics Bags, teñen no seu Myspace. Nel podedes ouvir a emotiva presentación do grupo galego, o estupendo tema Planeta 19 en directo e, finalmente, a sentida ovación do respetábel. Para rematala, mentres ouvides o audio seguide a ler paseniñamente e a crónica do festival tirada do portal de Vieiros.

Get this widget | Track details | eSnips Social DNA


Vieiros. Redacción - 21:15 18/10/2008


Jacques Culioli gañou os premios do público e do xurado. Boy Elliott recibiron 23 puntos e unha intensa ovación.

O Liet Lavtuv non veu para Galiza. Pasadas as nove, o corso Jacques Culioli gañou o premio do público con Hosanna in excelsis, que nas últimas semanas realizara unha campaña moi intensa a través de Facebook e, a seguir, dominou con claridade os votos do xurado. O corso é falado por un cuarto de millón de persoas.

A votación do xurado foi unha loita moi rifada entre o representante corso e os asturianos de Dixebra, seguidos moi de cerca polos artistas de Mordovia, Mordens e pola lapona Elin Kaven. Os asturianos foron moi aplaudidos na súa actuación, que se abriu cun discurso moi político, anticapitalista e lembrando a loita obreira en Asturias, e que se pechou cun 'pola oficialidá'. Boy Elliott recibiu un total de vinte e tres puntos: 7 da representante Arbereshe, oito de Laponia e outros oito de Mordovia.

"Cantos de vós falades linguas minorizadas?". Os condutores da gala do Liet Lavlut iniciaban deste xeito o espectáculo, pouco despois das sete da tarde. A moderna e acolledora Casa da Cultura de Lulea estaba ateigada de público, que agardaba para ver e escoitar os once artistas participantes.

Ás sete e dez os Boy Elliott xa estaban listos para actuar. Os presentadores lembraron que o galego é falado por tres millóns de persoas, xusto antes de dar paso a Daniel Alonso, que nun perfecto inglés, produto dos anos vividos en Gran Bretaña ou Australia, explicou o significado da canción e dese 'Planeta 19', "o lugar no que queres estar, o lugar no que te sentes ben". Para rematar, unha chiscadela para o público local: "para nós, ese lugar é Lulea". Despois, unha actuación sen fallos, eléctrica, que pecharon cun "graciñas".

As once canción participantes foron:
1.Boy Elliott & the Plastic Bags Planeta 19 (Galiza)
2.Surunmaa Tulethan takashin(Meänkieli)
3.Gwennyn Bugale Belfast (Bretaña)
4.Jacques Culioli Hosanna in excelsis (Córsega)
5.Spasulati Botë e shurë (Arbereshe-Albanés)
6.Elin Kåven Abbas jaska (Laponia)
7.Jelte Posthumus & Pilatus Pas De wiete wyn hellet oan (Frisia)
8.Carnicats Oz dream (Friuli)
9.Yr Annioddefol Drysu (Gales)
10.Dixebra Indios (Asturias)
11.Mordens Good will blessing (Mordovia)

Viaxe accidentada. A chegada a Lulea non foi doada para os rapaces de Boy Elliott & The Plastic Bags. O avión de Vigo a Madrid saíu cunha hora de retraso, o que fixo que perdesen o enlace de Paris a Estocolmo. Tiñan pensado chegar a Lulea ás 15 horas e chegaron á 1 da mañá, máis de 20 horas dando voltas polos aeroportos, "de todas maneiras se non pasara isto non teríamos nada que contar", dicía Dani, o cantante e líder da banda.

En Lulea, os Boy Elliott salientaron a profesionalidade da organización e a boa amizade que fixeron cos asturianos Dixebra, ademais, da entrevista que realizaron para a BBC radio.

Pois nada máis, pequen@s monstr@s,
para rematar lembraros que aínda podemos fazer que o Planeta 19 de Boy Elliot, acade o premio do público. Podedes votar ao fenés ao través deste enlace. E coa mesma, marchamos a outro planeta, que xa toca.

Nota: na foto Boy Elliot e banda tocando en Laponia.

2 de outubro de 2008

Mapamundi, as músicas do mundo en Rádio FilispiM.

Desde finais de setembro, as emisións de Rádio FilispiM volven a carga, carregadas de novidades importantes, coma é o caso de Mapamundi, un programa de radio adicado ás músicas do planeta e arredores.

Deste xeito, ademáis de nas ondas madrilenas de Radio Ela e Radio Círculo, e as mexicanas de Radio Universidad de Guanajuato, alén das colaborazóns na RTBF (Radio Nacional de Bélxica), as músicas do Mapamundi chegan tamén as ondas ferrolás e trasanquesas.

En sucesivas entradas deste blog, iremoste dando a coñecer as novidades máis salientábeis da nova grella da radio libre e comunitaria da Comarca de Trasancos que transmite dende Ferrol.

De momento, monstr@s do mundo, sabede que os horarios de emisión de Mapamundi en Rádio FilispiM, 93.9 da FM, son: Martes: 21:00hs.- 22:00hs, Xoves: 10:00hs. - 11:00hs. e Sábado: 17:00hs. - 18:00hs. Non volo perdades!

Ficades coa seguinte video-reportaxe sobre Mapamundi, donde descubriredes máis sobre deles, nas súas propias vozes.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...